Lugo, 13 de abril de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participaron, este sábado, no Teatro Pastor Díaz da localidade mariñá, no pregón da Semana Santa de Viveiro, a cargo do economista, José Manuel González-Páramo. Esta cita, coa que colabora o Executivo Provincial cuncha achega económica de 25.000 euros, está declarada de Interese Turístico Internacional dende o 2013 e participarán preto de 3.500 confrades e 35 pasos nas 15 procesións de Semana Santa.
Campos Conde subliñou que “a Semana Santa de Viveiro supón un importante reclamo turístico e económico para á Mariña Lucense, pois é un dos eventos que consigue atraer a miles de persoas a esta comarca, chegados de diferentes puntos de España e tamén doutros países. Neste senso, cómpre subliñar que a Semana Santa move, de media, a unhas 30.000 persoas, coa consecuente repercusión económica que isto supón, acadando unha ocupación hoteleira no municipio do 100%”.
O pregón desta cita, correu a cargo do doutor en Economía pola Universidade de Columbia (Nueva York), José Manuel González-Páramo, elixido pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro pola súa traxectoria profesional e a vinculación esta localidade mariñá. O pregoeiro, foi presentado polo seu predecesor, Luis de Carlos Beltrán, no acto que tivo lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
González-Páramo, conta cun extenso currículo, pois está doutorado pola Universidade de Columbia, en Nueva York. Entre outros cargos, desde maio del 2015 é académico na Real Academia de Ciencias Morales e Políticas, e desde decembro do 2016 é o Presidente para Europa do TransAtlantic Business Council, o organismo de asesoramento comercial entre o Goberno de Estados Unidos e a Unión Europea en materia comercial, de inversión y regulamentación.
O pregón da Semana Santa de Viveiro é unha das actividades que da inicio a esta cita, unha das celebracións relixiosas más antigas de Galicia, na que participan as 8 confrarías viveirenses: Venerable Orden Tercera”, “Cofradía del Santo Rosario”, “Cofradía del Santísimo Cristo de la Piedad”, “Hermandad del Prendimiento”, “Hermandad de las Siete Palabras”, “Hermandad de la Santa Cruz”, “Nazareno dos de Fóra”, e “Misericordia”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



