Foz, 5 de abril de 2019. Do 18 ao 20 de abril celebrarase en Foz a 16ª Ruta de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto. Nesta tradicional cita gastronómica, que coincide coa Semana Santa, participarán 15 establecementos hostaleiros que ofrecerán as súas creacións desta cociña en miniatura en horario de 13 a 15 horas a mediodía e de 20 a 23 horas polas noites.
O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “estamos ante unha ruta que xa é un clásico na Semana Santa de Foz. O que pretendemos é ofrecer unha alternativa gastronómica atractiva para as moitas persoas que pasan eses días na nosa localidade e nesta comarca e tamén para os veciños e as veciñas de Foz”. Para Paleo “da gusto ver o ambiente de viños e de tapas que se crea eses días na vila. Así que animamos a todo o mundo a que do 18 ao 20 de abril se acheguen a Foz a saborear algunhas das tapas que vai preparar a nosa hostalería e a dar unha volta polo pobo”.
Na 16ª Ruta das Tapas participan A Bolera, Aroma Café, Bar 78, Bar O Pelolo, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Espacio Machete, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. O prezo das tapas que se poderán degustar nestes locais será de 2 euros.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



