Ribadeo, 12 de abril de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, realizou estes días unha viaxe a Bruxelas, convidado de xeito institucional e con cargo ao Parlamento Europeo pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda. O rexedor ribadense explicou na Comisión Europea que Ribadeo traballa, desde hai meses, tentando cumprir a lei de incendios de Galicia que leva doce anos en vigor. Suárez Barcia criticou a falla de apoio e alento da Xunta de Galicia en todo o proceso que estivo a levar adiante o Concello para eliminar os eucaliptos situados á carón das casas.
Suárez Barcia explicou que “viñemos a explicarlle á Comisión Europea algo tan paradóxico como que Ribadeo é un dos pouquísimos Concellos que está intentando cumprir a lei nin máis nin menos. Resulta paradóxico porque estamos intentando cumprir unha lei que leva doce anos en vigor, que é unha lei autonómica que obriga aos Concellos, pero que tamén obriga á Xunta de Galicia. Todo o traballo que fixemos, que temos que valorar, e por iso explicamos que o entorno do 80% de todas as parcelas que estaban incumprindo a lei de incendios de Galicia xa foron adaptadas, pero realmente nada de todo ese traballo, que foi inxente por parte do Concello de Ribadeo e que nos levou unha chea de recursos económicos e técnicos, non tivemos nin o primeiro apoio nin alento por parte da Xunta de Galicia. É algo inxusto e o que viñemos dicir á Unión Europea é que así dificilmente poderemos aplicar a toda Galicia os modelos que pequenos quixotes andamos facendo con actuacións independentes en cada Concello”.
O alcalde ribadense engadiu que “a Xunta de Galicia se ten que implicar e a política forestal ten que ser dunha maneira moito máis global e intentando regular este desorde que hai no sector forestal. Desde logo os eucaliptos non poden chegar ás casas nin en Ribadeo nin en ningún outro sitio, pero nosoutros falamos do noso ámbito de competencias que é estritamente municipal. Ademais poñendo de releve que non soamente hai que cortar cada ano, porque cada ano volven retoñar e volve haber maleza, senón que esta política de rexenerar os espazos ao pé das vivendas e ao pé dos núcleos con vexetación autóctona é a guía que debemos seguir todos, non soamente Ribadeo senón toda Galicia. É o que lle viñemos contar á Comisión Europea e, polas súas caras e pola súa aceptación, din que imos pola boa liña, polo bo camiño”.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



