Foz, 24 de abril de 2019. O presidente do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, proba con documentos que o PSOE ten unha débeda co Concello polo subministro de auga, lixo e saneamento. Castiñeira manifesta que os propios socialistas admiten esa débeda e incluso piden o fraccionamento do pago. Por esta razón o presidente do PP en Foz solicita ao PSOE que pague a totalidade da débeda e pida perdón á persoa directamente afectada por este impago, a todos os veciños de Foz e ao PP.
Javier Castiñeira declara: “como presidente do Partido Popular de Foz véxome obrigado a saír á palestra con referencia ao asunto de que o Partido Socialista ten débedas co Concello de Foz, que nós denunciamos nestes últimos días. Poñemos en papel as probas de que o Partido Socialista admite esa débeda, propón incluso ao Concello pagala de forma parcial e ademais abonar só a parte que non prescribiu, co cal nós tampouco estamos de acordo porque eu creo que un partido que foi goberno no seu momento e que lle esixe aos veciños que cumpran coa legalidade debe pagar a totalidade desa débeda e non só o que non prescribiu”.
Castiñeira engade que “os informes de Intervención son claros, din que o Partido Socialista non cumpriu coas súas obrigas cando foi inquilino e cando comprou ese local no ano 2005. Polo tanto está claro que o Partido Socialista, que sempre fala dos informes de Intervención, con estas probas non debe máis que pedir perdón a ese terceiro que foi afectado. Ademais debe pagar a débeda íntegra, pedir perdón tamén aos veciños de Foz por non cumprir cos seus compromisos como veciños, e por suposto tamén agora pedirlle perdón ao Partido Popular por negar as acusacións que son completamente verídicas”.
O presidente do PP en Foz dille ao PSOE que “cando fala de cloacas eu entendo que fala das cloacas dos últimos dezaseis anos nos que estiveron no goberno municipal, e proba disto é este expediente que non se dignaron nin a pagar nin a resolver; dá a entender que esta xente facía o que quería no Concello. Polo tanto, señores socialistas, leccións de honorabilidade ao Partido Popular de Foz ningunha”.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



