Ribadeo, 24 de abril de 2019. Acisa Ribadeo impartirá este xoves 25 de abril, un curso de redes sociais para empresas. Trátase dunha actividade gratuíta, aberta a todo o público interesado. Terá lugar no salón de actos do edificio de sindicatos (Av. De Galicia 20 – Bajo – Ribadeo) a partir das 20.30 horas.
Segundo explica o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, “o obxectivo do curso será o de dotarnos de ferramentas para o uso das redes sociais desde un punto de vista profesional, separándoas das persoais e para sacar o máximo partido dos recursos ao noso alcance. Abordaremos contidos específicos como a linguaxe propia das RRSS, o traballo de marca dixital ou o mundo dos influencers. Ademais intentaremos aproveitar o curso ao máximo”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, conta que “o curso correrá a cargo de Sergio Irigoyen Vázquez, licenciado en Xornalismo con especialidade de xornalismo electrónico e multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela. Con 13 anos de experiencia profesional exerceu como xornalista en varios medios de comunicación, e desde 2016 dedícase ao márketing, redes sociais, arquitectura dixital, estratexia online e formación especializada neste sector”.
Este curso de formación gratuíta enfocado aos socios de Acisa Ribadeo, pero aberto ao público en xeral, enmarcase na oferta de servizos contemplada no convenio de colaboración entre A Mariña Asesores, socio de Acisa, e a asociación.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



