Barreiros, 13 de abril de 2019.- O PSOE presentou este venres a súa candidatura á alcaldía de Barreiros para as próximas eleccións municipais, que encabezará a actual voceira socialista, Carmen Veiga. Participaron no acto o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos; o candidato do PSOE ao Senado pola provincia de Lugo, César Mogo; a candidata do PSOE polo Congreso, Sonsoles López; e a Presidenta de Honra da agrupación, Pilar Cancela.
Carmen Veiga destacou que “é o momento do cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Dende o PSOE imos a sacar ao Concello da parálise e o desastre económico ao que nos ten sometido o Alcalde do PP durante estes 15 anos. Exemplo diso son os esqueletos cos que contamos na actualidade en Barreiros, edificios sen terminar, aos que o goberno do PP non lles cobrou o IBI, tendo unha débeda ao respecto superior aos 300.000 euros que nos verían moi ben para mellorar os servizos básicos do noso Concello. O señor Fuente Parga estivo durante todo o mandato sumido nunha apatía constante que prexudicou gravemente aos nosos veciños. Froito da súa pésima xestión as praias de Barreiros perderon todas as bandeiras azuis, os camiños non están acondicionados, seguimos sen saneamento e as rúas do Concello están sucias e sen limpar”.
O PP privatizou os servizos públicos
A candidata socialista denunciou que as políticas do Partido Popular están ligadas “a privatizar os servizos públicos para facer negocio, está no seu ADN. O vemos coa sanidade, como por culpa dos continuos recortes por parte do PP na Xunta de Galicia Barreiros estivo máis de 1 ano e medio sen un médico no centro de saúde e con problemas en pediatría porque só hai un especialista para atender a 3 Concellos. Isto, por desgraza, pódese extrapolar ao ámbito municipal. O Alcalde privatizou os servizos públicos municipais como o mantemento dos alumeados, as estradas, o saneamento…todo o que puido. Esas son as políticas do PP, privatizar o público. Dende o PSOE imos a desterrar esta forma de xestionar os recursos, evitando sobrecustes e achegando aos veciños unhas prestacións de calidade”.
O PP non fai nada ata que chegan as eleccións e aparecen as máquinas
“O PP no goberno municipal quere facer nestes meses todas as actuacións que non fixo durante toda a lexislatura. Agora vemos polo Concello as máquinas traballando e as obras empezadas. Por desgraza é unha mera ilusión, posto que isto sucede en Barreiros cada 4 anos antes dunhas eleccións. É a estratexia do Alcalde e do PP, non facer nada, prometer moito e logo incumprir todo”, lamentou a candidata socialista.
“Poñer a Barreiros no mapa”
A candidata socialista subliñou que “queremos aproveitar as oportunidades que nos ofrece o territorio impulsando todo tipo de iniciativas que potencien o turismo e a economía do noso Concello, ademais de garantir servizos sociais básicos, como a axuda no fogar ou a teleasistencia, e poñer en marcha o necesario centro de día. Desenvolveremos un proxecto de saneamento integral do municipio no que progresivamente vaiamos facendo actuacións para solucionar os problemas actuais e demandaremos á Xunta de Galicia que deixe de bloquear a EDAR de San Miguel de Reinante. En definitiva, queremos poñer a Barreiros no mapa outra vez tras tantos anos esvaecida”.
O PSOE, unha alternativa real
“Os socialistas somos a alternativa real para que os veciños de Barreiros se sintan orgullosos do seu municipio porque presentamos un proxecto no que priman as persoas sobre os intereses partidistas”, apuntou Santos Ramos. O Secretario Provincial salientou os 1,9 millóns de euros que destinou o PSOE en Barreiros dende o Executivo da Deputación para a mellora de infraestruturas e dotacións públicas. Con dito investimento adquiríronse casetas de baños para as praias, pavimentáronse camiños, rehabilitáronse 9 quilómetros de estradas provinciais, humanizamos a contorna no centro de San Miguel de Reinante e dotamos de alumeados públicos a varios núcleos rurais. “Pola contra o PP no goberno galego non trouxo nin un só investimento. Onde está o proxecto da EDAR? Onde está o saneamento? Onde está o dragado da ría do Masma? E o remate da pasarela do colexio de San Miguel de Reinante? Están todos nun caixón esquecidos polos populares.
O PSOE é a única alternativa fronte ao Pacto de Colón
Mogo, López e Cancela subliñaron que “na España das dereitas só caben eles e os que pensan como eles; na nosa caben todos e todas. O PSOE é a única alternativa fronte ao Pacto de Colón, fronte a involución, fronte a precariedade e fronte a supresión dos dereitos”. Neste eido, os socialistas destacaron algunha das medidas impulsadas polo Goberno Central como a subida do SMI aos 900 euros, a ampliación do permiso de paternidade ás 16 semanas ou o incremento das pensións, do que se beneficiaron 1.250 veciños de Barreiros, o que supón 185.000 euros máis ao ano no Concello.
Experiencia e caras novas na candidatura
“Trátase dunha lista renovada, con caras novas e xente con experiencia, de diferentes sectores da sociedade e na que todos son militantes do PSOE. A candidatura está integrada por persoas das parroquias de Celeiro de Mariñaos, San Xusto, San Cosme, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante. Hai peóns, mecánicos, limpadoras, administrativos, xubilados, economistas, profesionais de asistencia a domicilio, electricistas e profesores de primaria”. A lista dos socialistas é a seguinte: María Carmen Veiga Rodríguez, Benito Longarela Geada, María de la Luz Rodríguez Rico, Felipe Fernández Recalde, Jose Antonio Otero Ramos, Jorge David Vázquez Grande, Ángeles López López, Adrián Longarela Otero, Silvia Otero Monroy, José Terrón Cantil e Juan Francisco Javier Acedo Gordo. Suplentes: Miguel Ángel Barrera Longarela e María Ángeles Moirón Otero.
























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



