Lugo, 29 de abril de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou este luns que “os socialistas recuperamos espazo político na provincia e isto provocará que as nosas compañeiras e compañeiros no Congreso e no Senado poñan en riba da mesa as demandas dos lucenses e, deste xeito, se impulse, por fin, unha perspectiva de futuro despois de 7 anos de bloqueo da dereita”. Fixo esta valoración dos resultados das Eleccións Xerais acompañado da Alcaldesa de Lugo e Presidenta do Partido, Lara Méndez, e dos que serán os representantes do PSOE no Congreso e no Senado, Ana Prieto, Sonsoles López, e César Mogo.
Santos Ramos subliñou que “os veciños mobilizáronse para dar o seu empuxe a un modelo progresista e de avance, pois a participación superou o 72%, sendo máis de 200.000 lucenses os que votaron nestas Elección Xerais. Conseguimos o mellor resultado da última década, sendo a forza máis votada en 25 Concellos, entre eles nos que se concentra maior número de poboación, e acadamos o mellor resultado da última década, quedando practicamente nun empate técnico coa forza máis votada, pois a diferenza foi só do 0,37%. Este resultado nos dá alento, forza, entusiasmo e ilusión para seguir traballando como o fixemos durante estes meses, desenvolvendo un proxecto político honesto cos cidadáns, de traballo a cotío e tendo como prioridade Lugo e a súa provincia”.
Campaña humilde, proprositiva e con presenza en todo o territorio
“Os socialistas a nivel provincial fixemos un traballo de planificación e fixación de obxectivos moi importante e iso vese reflectido nestes resultados fantásticos para o partido. Foi unha campaña deseñada con humidade, con presenza en todo o territorio, para explicar sinxelamente aos veciños todo aquilo que en 10 meses fixo un Goberno que tiña como prioridade as persoas. E o fixemos a través dunha campaña propositiva, en positivo e non confrontadora nin violenta, evitando as descualificacións e o desprezo”, sinalou o Secretario Provincial.
Implicación en levar o proxecto socialista a toda a provincia
“Quero poñer en valor o traballo dos centos de compañeiros e compañeiras que se implicaron en desenvolver o proxecto socialista e levalo a cada casa e a cada recuncho da provincia, a todos os candidatos do Congreso e o Senado que participaron intensamente na campaña, así como aos interventores e apoderados que se esforzan para que se cumpran as regras de xogo da democracia”.
“O PSOE, referente da sociedade”
Santos Ramos asegurou que “o ámbito político do PSOE é indiscutiblemente a esquerda, no que as persoas son o eixo fundamental de todas as políticas. Por iso, cando desenvolvemos proxectos que atenden as súas realidades e necesidades os socialistas somos o referente da sociedade. Os cidadáns espertaron, tomaron conciencia da importancia que ten participar e como sempre cando o electorado se mobiliza a democracia gaña, e o PSOE gaña”.



















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



