A Xoia Laranxa incorporarase á concentración de Albert Canillas mañá en Madrid-Barajas para disputar a cita da Vermella fronte a Ucraína, Eslovenia e Italia. Está será a cuarta convocatoria do xuvenil burelista coa Selección dende o comezo de tempada. Nito xa defendeu o combinado español nos seus compromisos en Francia, en agosto de 2018, Serbia, en xaneiro, e Letonia, en marzo.
