Viveiro. 15, abril, 2019. O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, incorpora novos perfiles á súa candidatura de cara a acadar a Alcaldía de Viveiro. Tras a fichaxe para a súa lista do fisioterapeuta Javier Teijeiro López, anuncia a suma dos profesionais Alicía Meitín, María Inmaculada Nespereira Domínguez, Teresa Pérez Rodríguez e Antonio Lage Seara.
Trátase, segundo precisa o cabeza de lista popular, “de elaborar unha candidatura con perfiles diferentes que se complementan entre si para ofrecer o mellor proxecto para os vindeiros catro anos”.
O candidato á Alcaldía pretende rodearse dun nutrido equipo capaz de presentar propostas en todos os eidos que logren mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.
Rodríguez Blanco congratúlase de poder contar con xente como Alicia, María Inmaculada, Teresa e Antonio, persoas novas, moi preparadas, traballadores e comprometidos con este proxecto “que estamos a fortalecer coas achegas de todos e todas”.
Perfiles
María Inmaculada Nespereira Domínguez. Profesional do eido sanitario, vive en Viveiro desde hai 14 anos. Diplomada en Puericultura, é técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) no Hospital Da Costa e estudante de Psicoloxía pola UNED. Ex atleta na especialidade de lanzamento de xavelina a nivel nacional e internacional, disciplina deportiva que practicou como atleta de elite durante 25 anos.
Alicia Meitín Cordido. Docente de certificados de profesionalidade da rama sociosanitaria, traballo que ven desenvolveno dende o ano 2014. É Graduada en Traballo Social, Máster en Dependencia e Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sociais. Especialización Universitaria en Centros Xerontolóxicos. Conta con ampla experiencia en Servizos Sociais, Coordinación de Servizos de Axuda no Fogar e Centros Residenciais, entre outros. Na actualidade é docente nun obradoiro de emprego no Concello de Muras promovido polos Concellos do Vicedo, Muras e Ourol.
Teresa Pérez Rodríguez. Grao en Psicoloxía, Máster en Psicoterapia Humanista Integrativa, Experta en coaching pola Escuela Europea de Líderes (EEL) e Certificado en Coaching Executivo pola Escuela Iberoamericana de
Coaching (ESICO).
Na actualidade dirixe o centro de psicoloxía positiva e coaching, e-movere, en
Viveiro. Compatibiliza esta actividade colaborando coa empresa Libredon, de Santiago, na que apoian o desenvolvemento de competencias profesionais de equipos en empresas e institucións como coach ou formadora e ao tempo,
titoriza asignaturas da UNED.
Membro do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, da Asociación de Psicoterapia Humanista Integrativa y Couselling de España (APHICE) e Asociación Española de Brainspotting (AEBSP).
Antonio Lage Seara. Titulado superior universitario grao en Organización de Eventos, Protocolo e Relacións Institucionais pola Escuela Internacional de Protocolo de Madrid e a Universidade Europea. Cursou estudos de Licenciatura en Comunicación Audiovisual na Universidade Camilo José Cela. Especialista en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade Miguel de Cervantes. Curso de especialización en Dirección Estratéxica de Turismo pola Universidade Antonio de Nebrija. Na actualidade desenvolve unha labor como comercial na Mariña e ocupa o cargo de presidente de NNXX en Viveiro.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



