Lugo, 14 de maio de 2019. O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentaron a 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo, unha carreira cicloturista por etapas de carácter non competitivo, que percorrerá 12 concellos da provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio. No acto estiveron acompañados de José María Seijas, presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, organizadores da proba, e do exciclista Ezequiel Mosquera, que participará na segunda e terceira etapas.
Fernández Quipo explicou “172 corredores de toda España participarán durante a fin de semana nun percorrido no que descubrirán todo o que a Provincia ofrece, desde as montañas da Fonsagrada ata o interior da Mariña, ou a Terra Chá. Unha cita clave para dar a coñecer Lugo como destino do turismo activo e deportivo”.
“O concello da Fonsagrada, pola súa orografía é un lugar perfecto para os deportes ao aire libre e de aventura, unha actividade que axuda a dinamizar a economía das comarcas, grazas aos participantes e aos que os acompañan” comentou o Alcalde da Fonsagrada.
Pola súa banda o Deputado de Deportes explicou que “esta cita vai asentándose na provincia, e a presenza de caras coñecidas, como o humorista David Amor, que participará na primeira etapa, ou o exciclista, Ezequiel Mosquera, que recollerá o seu relevo e participará na segunda e terceira; dan ao evento unha maior visibilidade e recoñecemento para unha proba única en Galicia, que ofrece a deportistas afeccionados vivir a experiencia dunha carreira por etapas profesional”.
O Desafío
O Desafío constará de 3 etapas, un total de 265 quilómetros, cun desnivel acumulado total de 4.900 metros. Participarán un total de 172 corredores e 30 clubs de toda España. A carreira percorrerá os concellos de Lugo, Castro de Rei, Pol, Ribeira de Piquín, Pontenova, Lourenzá, Riotorto, A Fonsagrada, Baleira, Baralla, Láncara e O Corgo.
A primeira etapa partirá de Lugo terá 86,1 quilómetros, cun desnivel de 1.575 metros e pasará polo alto de Ouviaña de 2ª categoría, unha xornada cunha dificultade media, con meta na Pontenova, de onde partirá tamén a segunda etapa, cunha dificultade moi alta grazas aos seus catro altos de montaña (o Alto de Augaxosa, o Alto da Cruz da Cancela de 2º Categoría; e o Alto do Coto de Frades e o Alto da Fonsagrada de1º categoría), percorrerá 92,7 quilómetros e terá un desnivel acumulado de 3.319 metros. A derradeira etapa rematará outra vez en Lugo, nunha xornada de 85,8 quilómetros, cun desnivel de 1389 positivos froito dos dous altos de 3ª categoría: O da Fontaneira, e do Alto de Vega.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
