
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Burela, a 8 de maio de 2019.- A agrupación local do Partido Popular de Burela presenta a súa candidatura “para colocar a Burela en pleno século XXI”. O candidato popular á alcaldía, Manuel Rouco, asegura que se trata “dunha candidatura formada por veciños e veciñas cheos de ilusión e gañas de traballar polo seu pobo, que pretenden demostrar que os proxectos realistas, de presente e de futuro, son realizables cando o talento, a convicción e o esforzo dun equipo se poñen ao servizo dos feitos e non das promesas”.
Os veciños e veciñas de Burela que arroupan a Rouco nesta lista renovada, preparada e experimentada son: a enxeñeira de camiños, Yovana Oroza; o adestrador de fútbol sala, Javier Pardeiro; a supervisora de enfermería, Ana Álvarez; a arquitecta técnica, Natalia Álvarez; a diplomada en turismo Sonia López; o operario de ABSA, Félix Martins; os empresarios do sector pesqueiro, Miguel Díaz e Xusto Eijo; o empresario, Pepe Casas; a auxiliar de enfermería, Marina López e os xubilados, Fina Yáñez, Carlos Saa e Felicísimo Baño. A todos eles hai que sumar ao xefe de cirurxía do Hospital da Mariña, Alberto Ramos; e a estudante de Economía, Aitana Rodríguez.
Para a súa presentación, a candidatura do Partido Popular escolleu un lugar emblemático coñecido polos máis vellos do lugar como a “Igrexa de Coeda”, que figura dentro do seu programa de goberno para ser promovido como monumento natural. Nesta aposta clara para “deixar de ser o irmán pequeno do turismo na Mariña”, tal e como manifestou o candidato Manuel Rouco o día da súa presentación aos medios, tamén se prevé unha mellora na sinalización turística da vila ademais doutras moitas medidas.
“Esta é a candidatura que vai poñer a Burela no lugar de referencia dentro da comarca da Mariña que realmente lle pertence. Unha candidatura representativa do que é o pobo de Burela, que non esquece ningún dos sectores clave da vila, e que conxuga a preparación, as novas ideas e a experiencia. E todo isto amparado pola eficacia na xestión que representa o Partido Popular, o verdadeiro motor inversor durante todos estes anos desta localidade mariñá”, conclúe o popular.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



