Xove, 23 de maio de 2019. A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas este mércores, 22 de maio, nas piscifactoría Insuíña de Lago (Xove), ao lograr cinco dos nove membros do comité de empresa. Con este resultado, a central nacionalista pasa a ser a forza maioritaria nesta empresa, na que até agora non tiña representación.
No colexio de Especialistas presentáronse dúas candidaturas, a da CIG e a de CCOO, e elixíanse oito delegados e delegadas dos nove que forman o comité. A participación neste colexio, cun censo total de 90 persoas, superou o 80%, recibindo a candidatura da CIG 48 votos, mentres que a lista de CCOO tivo 28 votos, o que se traduce en cinco representantes para a CIG e tres para CCOO.
No colexio de Técnicos/as e Administrativos/as, no que se elixía un único representante e no que a CIG non presentou candidatura, a participación foi dun escaso 33%, xa que dun censo total de doce persoas, acudiron a votar catro.
Cómpre subliñar que, até agora, o comité de empresa estaba conformado por cinco representantes do persoal, todos de CCOO, que sofre un forte retroceso nestas elecións. Neste senso, o responsábel da Unión Local da CIG na Mariña, Xorxe Caldeiro, salienta que con este gran resultado, a CIG sitúase non só como principal forza neste centro de traballo de Insuíña, “senón como sindicato hexemónico no sector da acuicultura na comarca, xa que a central nacionalista tamén ten a maioría absoluta tamén no comité da planta de Stolt Sea Farm de Cervo (onde ten tres dos cinco representantes)”.
Pola súa banda, os delegados e delegadas da CIG queren agradecer a todos os compañeiros e compañeiras a súa participación no proceso electoral “e ternos confiado a responsabilidade de ser maioritarios no novo comité de empresa”. Manifestan a súa satisfacción polos resultados e aseguran que “traballarán con firmeza e honestidade para mellorar as condicións laborais de toda o cadro de persoal, sen excepcións nin discriminacións”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



