Foz 8-5-19. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 16 de xuño unha viaxe polo patrimonio histórico, artístico e natural da Ribeira Sacra guiado polo escritor Lois Diéguez, autor de diversos libros de viaxe sobre esta comarca. A viaxe programada pola asociación pretende ser un percorrido pola historia, a natureza e o patrimonio desta parte de Galiza, seguindo o itinerario dunha excursión xa realizada polo noso colectivo vai para vinte anos e que ficou na nosa memoria como un dos grandes roteiros realizados pola Pomba do Arco.
O programa da viaxe inclúe a visita a diversos elementos patrimoniais dos concellos de Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober e Ferreira de Pantón. No primeiro dos concellos visitaremos o Monte de San Vicente, co seu Palacio e Torre, a Fortaleza dos Castro e a Igrexa e convento de San Vicente. A continuación desprazaremonos ao Convento da Compañía ou dos Escolapios, pasando polo burgo medieval, a igrexa de San Domingos, a Calexa, a rúa do Cardeal, rematando na Ponte Fontecha sobre o rio Cabe.
A excursión continuará polo Saviñao e Ferreira de Pantón. Así, na primeira das localidades, acudiremos á igrexa de Santo Estevo de Ribas do Miño, un canto románico ao sol en figuras maxistrais nos canzorros, xanelas, arcos, columnas, tímpanos, presidida polo señor do Sol. A seguinte das paradas será en Ferreira de Pantón onde visitaremos a igrexa e convento das Bernardas e San Miguel de Eiré, un lugar chave para observar o encanto ribeirao do románico e o interior destas terras. O xantar realizarase na casa de turismo rural Torre de Vilariño, un enclave incomparábel na parroquia de Fión no concello de Saviñao.
A xornada de tarde decorrerá polas terras de Sober e as ribeiras do rio Sil. Os espazos que se vistarán serán a igrexa de Bolmente, unha lección popular do románico e a súa evolución, o santuario de Cadeiras e os cavorcos do Sil, os miradoiros de Soutochao e Pena do Castelo en Doade, á visita aos ceramistas de Gundivós, rematando cunha visita con viño e petisco a unha adega da denominación de orixe Ribeira Sacra. Unha vez completado este percorrido regresaremos á Mariña.
A asociación A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños de Foz e da Mariña a participar dunha viaxe que a bon seguro non os decepcionara. As persoas interesadas no mesmo deberán inscribirse antes do 31 de maio no email apobadoarco@gmail.com ou no telefone 608-555-010. O custo da viaxe é de 33 euros, incluíndo o desprazamento á zona en autobús e o xantar na casa de turismo rural Torre de Vilariño.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



