Ribadeo, 27 de maio de 2019. Está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Verán, organizadas pola Concellaría de Deportes de Ribadeo. As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 8 anos en diante, terán preferencia os empadroados/as ou escolarizados/as en Ribadeo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información na oficina da área de Deportes en Casa da Xuventude na rúa Antonio Otero-15, ou no teléfono 982 129 889.
Estas escolas ofertan as modalidades de pesca deportiva, surf, piragüismo, remo e rugbi praia.
En surf hai 20 prazas. Esta actividade comezará o 7 de xuño e desenvolverase en xuño, os martes e venres de 16:00 a 18:00 horas e do 1 ao 5 de xullo de luns a venres, de 16:00 a 18:00 horas.
En pesca deportiva a oferta é de 20 prazas e terá lugar os días 1, 2, 3, 5, 8, 10, 12, 16, 19, 22, 24 e 26 de xullo de 10:00 a 14:00 horas.
En piragüismo hai 20 prazas, a presentación será o 27 de xuño ás 16:30 horas e desenvolverase esta actividade nos meses de xullo e agosto. En xullo terá lugar os días 1, 4, 15, 18, 22 e 29 e en agosto o 1, 5, 12, 15, 19, 22, 26 e 29 de 16:00 a 19:00 horas.
En rugbi praia haberá 30 prazas e desenvolverase en xullo do 17 ao 28 de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas.
E en remo ofértanse 30 prazas. Esta escola terá lugar no mes de setembro, os luns, martes, xoves e venres de 19:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 12:30 horas.





















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
