Barreiros, 23 de maio de 2019. “Barreiros sigue igual que hai 8 anos por culpa da incompetencia e desidia do Alcalde do PP. Este domingo temos a oportunidade de cambiar esa dinámica. É a hora do cambio no noso Concello”, subliñou a candidata do PSOE á alcaldía, Carmen Veiga. Díxoo no mitin celebrado este xoves no que estivo arroupada polo Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Senador do PSOE pola provincia de Lugo, César Mogo.
Carmen Veiga destacou que “temos un goberno caduco e sen ideas. As promesas que fixo no 2011 seguen vixentes porque non fixo absolutamente nada, aínda que agora, antes das eleccións, finxa que fai. Seguimos sen os saneamentos, sen a EDAR, sen o dragado na ría do Masma…, pero xa non engana aos veciños de Barreiros. Acabouse esta etapa de escuridade, caciquil e de amiguismos do PP”.
“Dende o PSOE imos gobernar para todos os veciños por igual, para que teñan os servizos básicos que merecen. Porque os socialistas poñemos ás persoas por riba dos interese persoais. E o faremos igual que fan os nosos compañeiros no Goberno da Deputación e no Goberno Central, pois para a Xunta do Partido Popular Barreiros non existe. Se non fora polos 2 millóns achegados polo Executivo Provincial o noso Concello non tería un investimento novo en 4 anos”.
“É moi importante que este 26 de maio acudan os barreirenses en masa a votar pola alternativa real de goberno. Polo proxecto de progreso e avance que defende o Estado de Benestar. Polo Partido Socialista”.

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



