Lugo, 8 de abril de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou, este xoves nos corredores do Pazo de San Marcos, a programación cultural que organiza a Deputación con motivo da Semana das Letras Galegas. A programación, que comeza o próximo luns, contará con actuacións musicais, espectáculos de danza, teatro e monicreques e con actividades en centros educativos de toda a Provincia.
O Presidente explicou que “esta é unha cita importante para a nosa cultura. Cada ano homenaxeamos a unha figura relevante que reflexa o noso patrimonio lingüístico e literario, e este ano tocoulle a Antón Fraguas, historiador e etnógrafo, unha figura necesaria para poñer en valor o tesouro que é a nosa cultura popular”.
Campos Conde tamén destacou que: “non podemos centrarnos só no que xa foi, pois a nosa é unha cultura viva e que segue creando, temos numerosos escritores, poetas, cantantes, artistas, actores… que reivindican crear e vivir en galego, e aos que apoiamos desde o Goberno da Deputación”.
Durante toda a semana, desde o luns 13 ata o xoves 16 de maio, centros escolares de toda a Provincia, desenvolverán a Semana Escolar das Letras co libro manual Antonio Fraguas, Unha Epopea Vital, na que se da a coñecer vida do autor homenaxeado este ano, e supón, ademais un percorrido pola historia de Galicia no século XX. Por outra banda Os Romeiros do Caracol levará á tradición e as lendas de San Andrés de Teixido, ao público familiar da Pastoriza e Monforte.
A Praza de San Marcos acollerá diversas actividades, como o espectáculo musical Canta, Miña Pedra, Canta, na que o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, interpretan cantigas populares recollidas polo autor en Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade, a función de danza de Terra, a cargo da Asociación Cultural Falcatrueiros; e actuacións da Tradescola, da Banda Filarmónica de Lugo, ou da cantante Lucía Pérez. Ademais os xardíns da Deputación encheranse de música na sesión Vermú do Fa Ce La Fest, coas actuacións de Chicharrón e Os Amigos dos Músicos e o domingo 19 membros de Palimoco Teatro percorrerán as rúas do centro de Lugo cunha actuación teatral.
Programación
Luns 13 de maio
Os Romeiros do Caracol espectáculo de monicreques e música. A Pastoriza.
Martes 14 de maio
Concerto de Lucía Pérez. Ás 20:00 horas na Praza de San Marcos.
Mércores 15 de maio
Canta, Miña Pedra, Canta de Xoán Curiel e Charo Pita. Ás 18:30 horas na Praza de San Marcos.
Terra espectáculo de danza da Asc. Cultural Falcatrueiros. Ás 20:00 horas na Praza de San Marcos.
Xoves 16 de maio
Os Romeiros do Caracol espectáculo de monicreques e música. Monforte de Lemos.
Concerto da Tradescola . Ás 18:30 horas na Praza de San Marcos.
Concerto da Banda Filarmónica de Lugo. Ás 20:00 horas na Praza de San Marcos.
17 e 18 de maio
Sesión vermú do Fa Ce La Fest con Chicharrón e Os Amigos dos Músicos. Xardíns da Deputación.
Domingo 19 de maio
Letra Viva 2019 representación teatral de Palimoco Teatro. Ás 21:00 horas polas rúas do centro de Lugo.
Luns 20 de maio
Canta, Miña Pedra, Canta de Xoán Curiel e Charo Pita. Ás 18:30 horas en Guitiriz

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



