Ribadeo, 21 de maio de 2019. O candidato á alcaldía ribadense de CxG, Jesús Pérez Moreda, reclama a reforma urxente do sistema de traída da auga: “as tubaxes da traída da auga son actualmente de fibrocemento, é dicir de uralita e o dia menos pensado romperá, deixando sen subministro de auga potable a todo o municipio durante semanas e podendo causar danos na saúde dos veciños, por elo propoñemos a súa reforma urxente. Xa houbo roturas na rede nalgunhas ocasións e non queremos que iso se siga a producir”.
Pérez Moreda insiste en que “ninguén contemplou o arranxo da rede de auga municipal. Para min é algo que roza case a neglixencia política, arriscarnos a abrir as billas e que durante días ou semanas non saia auga e que despois poida ser pouco saudable por non arranxar unha infraestrutura dos anos 80. Nós propoñemos comezar neste mandato a reformar de xeito progresivo toda a rede de traída da auga de Ribadeo”.
O alcaldable de Compromiso por Galicia en Ribadeo avoga por una lexislatura de entendemento: “case todos coincidimos no 50% das necesidades que ten Ribadeo, con propostas diferentes. Isto deberá de significar que na vindeira lexislatura Ribadeo teña moita mais forza nas súas peticións diante doutras administracións, sexan do color que sexan. Eu supoño que se o señor Vega quedase na oposición, a Xunta non poñerá impedimento para as inversións que necesita a nosa vila”. Pérez Moreda pregúntase: “¿se o señor Vega se queda na oposición traballará xunto con toda a Corporación para que chovan os millóns de euros que el promete necesarios para Ribadeo? xa que di que a Xunta respalda ditas inversións. Se non é alcalde, supoño que os cartos virán igualmente cando se soliciten por parte do Concello. De non ser así haberá que pensar si o señor Vega traballa para o seu beneficio persoal ou para o da veciñanza”.
Jesús Pérez Moreda engade: “os problemas que o señor Suárez non ve, o trafico, a falta de infraestruturas, o noxento estado das rúas en canto a limpeza se refire, o abandono das parroquias, o turismo…. vémolos case todos, pero case dan vergoña as propostas dalgún para solucionalos. As obras faraónicas xa non se fan, aínda que alguén o esqueza, non se pode enganar a cidadanía, está moi ben propoñer facer un aparcamento de catro plantas, pero hai que pagalo. Co custe desa obra amañamos parte de rede de saneamento da auga. Ribadeo ten posibles zonas de aparcadoiro que asfaltándoas e mellorándoas estariamos case a duplicar as prazas de aparcamento na vila a un custe moito menor”.
Sobre o turismo o candidato de Compromiso por Galicia sinalou que “Ribadeo ten un problema importante co turismo, vivimos dun turismo estacional e sen impacto económico, nin nos negocios nin nas arcas publicas. Alguén propuxo no seu día decorar os balcóns con flores, algo que xa se fixo e foi un fracaso ou propoñen poñer un pantalán na praia dos Bloques, nunha zona que coas correntes de auga e o vento os nenos poden acabar na ponte dos Santos. Parece mentira de quen di ser coñecedora dos problemas do turismo e da ría. Tamén propoñen seguindo os consellos de quen os asesora, que son os mesmos que deixaron gobernar ao BNG durante 16 anos, viaxes coa FEVE, que creo que sería mellor propoñer e defender un tren digno e con horarios para a nosa veciñanza”.
E engadiu: “a política turista que nos propoñemos é clara, a desestacionalización do turismo mediante a elaboración de feiras, de congresos sectarios e empresarias e de eventos e actividades xunto cunha axenda cultural atractiva tamén para os turistas, potenciar o camiño de Santiago, as parroquias tamén como destinos turísticos, o turismo gastronómico e de ocio e a nosa ría. O dragado da praia dos Bloques e o seu posterior recheo con area, para facilitar así que a xente da vila que non se pode desprazar poida desfrutar dun areal urbano. A execución do plan especial das Catedrais, co que se podería chegar a alcanzar entorno a 400.000 euros de ingresos anuais solo cobrando por aparcar os vehículos, podendo inverter eses cartos en melloras en servizos sociais sobre todo nos que fan referencia a o coidado dos nosos maiores tanto do rural como da vila”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



