Trabada, 24 de maio de 2019. A Rexedora socialista de Trabada, Mayra García Bermúdez, criticou este venres “a sen vergoña do Partido Popular que utilizan para facer campaña repartindo sobres con votos as instalacións da residencia mentres nos levaron ao xulgado para evitar que a puxésemos en marcha”.
A Alcaldesa do PSOE informou que os populares de Trabada foron nesta mesma semana a facer campaña á residencia dos maiores cando nunca apoiaron a posta en marcha desta dotación social, e polo tanto déronlle as costas aos veciños que están alí recibindo atención profesional, tentando aproveitarse deles.
“De pouco sirve que haxa unanimidade en Trabada para aprobar as ordenanzas e os regulamentos, o que di bastante tamén da altura de miras do grupo que represento por acadar unanimidade nas cuestións máis importantes, a pesar de ter maioría absoluta.”
García Bermúdez lembrou que o proxecto de construción da Residencia e Centro de Día público do Concello de Trabada naceu no ano 2010, á proposta do anterior Presidente Provincial, José Ramón Gómez Besteiro (PSOE). Tal e como se apunta na acta da sesión do Consello de Administración de SUPLUSA, o PP non votou a favor da súa construción neste municipio”. (Véxase documento 1)
Neste senso, é importante lembrar que os intentos por bloquear a apertura das residencias por parte do PP non acabaron aquí, senón que, o Consello de Administración de SUPLUSA, no que só participan o Deputado non adscrito e o PP, acordaron levalo á xustiza para intentar evitar que os veciños de Trabada desfrutasen deste servizo tan necesario. (Véxase documento 2)
Finalmente, e tal e como sempre defendeu o PSOE dende o Concello e a Deputación, a xustiza impediu ao PP paralizar o funcionamento da residencia. O Xulgado Contencioso Administrativo Número 1 ditou que “NO HA LUGAR” á suspensión solicitada e interpón costas á parte recorrente, PP e non adscrito. (Véxase documento 3)
O auto sinala que “una situación como la pretendida por la recurrente paralización del procedimiento de adjudicación de los contratos litigiosos para la puesta en funcionamiento de los Centros de Ribadeo y Trabada –ya en fase de ejecución- con numerosas solicitudes de plaza en los mismos, no cabe duda de que provoca un quebranto para el interés público, pues impediría o comprometería la puesta en funcionamiento de los servicios, en perjuicio del interés general”.
“Desta forma queremos evidenciar que o que dicimos é verdade. Hai unha cousa moi clara, mentres uns traballábamos para poñela en marcha e a disposición dos nosos veciños, outros lévannos ao Xulgado para intentar que non se abrira, sen importarlles que houbese veciños agardando por este servizo”, subliñou a rexedora.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



