Ribadeo, 19 de maio de 2019. No concerto da Banda de Música Municipal de Ribadeo para celebrar o Día das Letras Galegas, que se celebrou onte, sábado, no Teatro ribadense, colaboraron Toni Deaño, como narrador nas tres primeiras pezas interpretadas, e o pianista Martín Bucki na terceira das obras, Ela, que tocou por primeira vez a Banda ribadense, igual que A fiada e Rosalía.
Antes de empezar a actuación foi presentada pola compoñente da Banda Eva Iglesias, que fixo unha descrición de Antón Fraguas, autor ao que se dedicou este ano o Día das Letras Galegas, e explicou que todas as pezas que se ían interpretar neste concerto eran obras de compositores galegos ou de temática galega.
A Banda de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, tocou Rosa de abril, de Andrés Gaos; Os teus ollos, de José Castro Chané; Ela, de Andrés Álvarez; Javier, de Felisindo Pérez Seara; O chopo, de Manuel Iglesias; A fiada, de José A. Lodeiro Piñeiroa; Rosalía, de Xanxo Rei e Sergio Rodríguez; e Muiñeira dos pendellos, de Juan Lois Diéguez. E como bis Martiñica, de Rogelio Groba e Indalecio Fernández. O concerto rematou coa interpretación do himno galego, co numeroso público que había no Teatro ribadense posto en pé.
David Ballester destacou que as dúas primeiras obras que tocaron nesta actuación foron arranxadas por Hernán Naval, o primeiro director da Banda ribadense na etapa actual, e lembrou que se cumpriron 18 anos do seu falecemento este venres, Día das Letras Galegas. Ademais dedicoulle o bis a un dos saxofonistas da formación, Monchín, que non puido actuar neste concerto pero que se encontraba no público.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



