Ribadeo, 22 de maio de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o Concello renunciou a unha axuda da Xunta de infraestruturas vinculadas a servizos municipais hai uns meses, para solicitar outra destinada á mellora de infraestruturas, atendendo así ás recomendacións realizadas polos técnicos. O rexedor refírese á rúa Pintor Fierros, cuxa reforma suporía unha inversión de 60.000 euros, dos que o Concello pediulle á administración galega 40.000. Suárez Barcia di que a Xunta non quere falar do que aconteceu co Fondo de Compensación Ambiental. O Concello solicitou unha partida para mellorar un dos tres filtros da estación depuradora de auga potable do río Eo, que lle foi denegada. O alcalde ribadense pide que non tenten confundir á opinión pública.
Fernando Suárez contou que “con esta resposta da Xunta penso que se está confundindo moito o touciño coa velocidade, porque unha cousa foi a subvención que o Concello inicialmente pediu na liña de infraestruturas vinculadas a servizos municipais e que renunciou inmediatamente para presentala a outra convocatoria, tamén da Xunta, que aos técnicos lles parecía máis aconsellable, concretamente na orde de mellora de infraestruturas e que aínda está por resolver. Estoume referindo á rúa Pintor Fierros na que o Concello pretende investir 60.000 euros e pide 40.000 de axuda”.
O rexedor dixo que “outro caso que non ten nada que ver con isto, e do que non queren falar, ten que ver co Fondo de Compensación Ambiental, onde tamén se solicitou outra axuda importante para mellorar un filtro, dos tres que hai, na estación de tratamento de auga potable no río Eo, á altura do concello de Trabada, que é propiedade do Concello de Ribadeo e que é o principal abastecemento para Ribadeo. Xa non nos axuda nada a Xunta de Galicia nestes últimos anos, e levamos tempo solicitando e demandando motivadamente accións importantes para esta acometida de auga, e parece que agora que tampouco nin cunha pequena axuda para mellorar un destes filtros da estación de tratamento de auga, xa que para a Xunta non reúne as condicións que ela pretende, a pesares de ser un proxecto que se axusta en todos os extremos ao recollido nesa orde de convocatoria. Polo tanto non tratemos de confundir á xente, aos veciños e ás veciñas, porque se lles nota moito que estamos en época electoral”.
Suárez Barcia engadiu que “solicitaremos, como tivemos que facer en ocasións anteriores, acceso a este expediente para ver se todos os afortunados destas axudas tiñan proxectos tan elaborados como o noso. En todo caso a obra habémola facer igual coa súa axuda ou sen ela. E facer unha reflexión, si se dedicaran a dar menos camisetas co logotipo da Xunta de Galicia por aí adiante e a pagar menos gaiteiros para as festas e apostaran realmente por este tipo de actuacións, que son propias dunha acción moderna dunha administración, mellor lles iría aos veciños e seguramente a eles tamén”.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



