Ribadeo, 21 de maio de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, remitiu hoxe cartas ao presidente da Xunta e ao delegado territorial da administración galega en Lugo, en relación ao reparto do Fondo de Compensación Ambiental na provincia do que quedou excluído unha vez máis o Concello de Ribadeo. Na carta enviada, o rexedor sinala que “é por iso que quero transmitirlle de maneira oficial o noso desacordo con tal sectaria decisión tomada por alguén que xestiona fondos públicos, que non son os seus”. Despois de lembrar as 4 solicitudes presentadas nos últimos cinco anos e que foron rexeitadas por non acadar a puntuación suficiente, o rexedor manifesta nese escrito que “esta actitude que teñen con nós traeralles consecuencias o domingo que ven, porque a cidadanía non tolera este tipo de sectarismos. Con todo, quero dicirlle que coa súa axuda ou sen ela, a obra farémola porque nosoutros en vez de dedicarnos a enredar dedicámonos a traballar, que é para o que nos puxeron os nosos veciños”.
O alcalde de Ribadeo quixo hoxe “constatar desgraciadamente, outra vez máis, como aos que se lles enche a boca de dicir o moito que axudan a Concellos, como é o caso de Ribadeo, nada máis lonxe da realidade. Unha cousa é predicar e outra cousa é dar trigo. Para isto o resultado que anuncia a bombo e platillo o señor Balseiro de axudas a Concellos da provincia, menos Ribadeo”.
Fernando Suárez lembrou que “nestes últimos cinco anos, desde o Concello formulamos catro veces, en catro anualidades diferentes, solicitudes de axuda con este Fondo de Compensación Ambiental. No 2015 e no 2018 para mellora do saneamento de Rinlo, porque había un problema que Augas de Galicia nos estaba advertindo que non estaba correcto. No 2017 para adquisición dun vehículo híbrido, e neste 2019 para mellora dp abastecemento de auga. Todas estas veces son rexeitadas por, segundo eles, non ter puntuación abonda”.
Para o rexedor ribadense “non se entende que unha actuación de mellora no abastecemento de Ribadeo, coñecidos os graves problemas que presentou este servizo no noso municipio por ter que asumir lixiviados provocados noutro concello veciño, non acaden a puntuación suficiente para melloras nesta arteria principal”.
Suárez Barcia manifestou que “de maneira institucional quixemos reprobalos nesta actitude demagóxica e propagandista co que moito din que axudan a Ribadeo, pero que na realidade non é máis que seguir marxinando porque nos consideran inimigos, e nosoutros non temos a ningún inimigo. En todo caso os que están na Xunta agora, quizais nun futuro xa non, son adversarios, adversarios lexítimos. Pero esa actitude que están tendo con nós estou seguro que lles vai traer consecuencias o domingo que ven, porque a cidadanía, que afortunadamente é madura hoxe en día, non tolera este tipo de sectarismos. Ademais, con todo quero dicirlle que coa falta desa pequena axuda que tampouco era nada doutro mundo, a obra farémola igual, a mellora desta obra nesta acometida de auga, porque nosoutros en vez de dedicarnos a enredar, como fan eles, dedicámonos a traballar, que é para o que nos puxeron os nosos veciños e as nosas veciñas”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



