Burela, 21 de maio de 2019. O Concello de Burela convidará de xeito oficial á Raíña Letizia a acudir á localidade o vindeiro 16 de xuño para a entrega da Copa da Súa Maxestade A Raíña de Fútbol Sala Feminino, que se vai disputar a partir a partires do 14 de xuño. O alcalde, Alfredo Llano, considera que esta visita sería moi importante para o deporte, para a comarca da Mariña e para Burela.
O rexedor dixo que “como é sabido este ano imos celebrar aquí en Burela a edición número 25 da Copa da Súa Maxestade A Raíña os días 14, 15 e 16 de xuño. Xa é a terceira edición, con esta, que se vai desenvolver no noso concello, polo tanto desde o propio Concello consideramos que é importante e unha oportunidade extraordinaria que veña a propia Raíña a entregar a Copa”.
Alfredo Llano subliñou que “imos facerlle unha invitación oficial desde o Concello á Súa Maxestade para que puidera, se é posible, vir entregar a Copa á final que vai ser o día 16. Sería unha boa oportunidade porque hai que darse conta que este ano por primeira vez chámase así, a Copa da Súa Maxestade A Raíña. Polo tanto xa que a nomenclatura é moi clara a invitación baséase en que é algo para darlle importancia e valor a este campionato, e tamén para que nos visite, veña a Burela, poder atendela da mellor maneira posible e contar con ela para darlle o valor enorme que ten esa Copa da Raíña cos oito equipos que van xogala, e penso que vai ser moi emocionante, se ademais puidera ver a Raíña sería un evento a lembrar. Así que imos facelo xa. A ver que nos responde, imos pensar que puidera vir e se é así sería extraordinario para o deporte, para a comarca e para Burela”.
Nova xuntanza da mesa de negociación
O alcalde burelés comentou tamén que “seguindo co procedemento que estamos a levar desde fai tempo na elaboración da relación de postos de traballo do Concello de Burela, que se está intentando que sexa consensuado na mesa de negociación do Concello, hai unha convocatoria para o xoves 23, ás once da mañá. Imos facer unha nova reunión onde se vai explicar un modelo de manual para a valoración dos postos de traballo, de cómo se fai a metodoloxía, que é o que se valora en cada posto, para determinar unha cuantificación en puntuación, que é outra cousa que se vai explicar, para valoración dos postos de traballo a incluír na RPT. Sería unha proposta inicial en puntuación, non respecto aos cartos, senón que vai ser primeiro unha explicación de cómo se fai para sacar esta conclusión en puntos, que métodos, que é o que se valora, como se sigue e se conforma, e despois darlle a cada posto de traballo unha valoración en puntos para iniciar as negociacións na mesa”.
Llano engadiu que “é un traballo que se ven facendo desde fai tempo, un traballo técnico rigoroso, hai que facer as cousas ben e ter unha boa proposta en firme e moi xustificada que nos sirva a todos para tela de referencia. Se esta reunión conclúe coa aceptación da forma de valorar e de realizar as propostas, iríamos avanzando xa de cara a sacar unha RPT definitiva para o noso Concello”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



