Viveiro, 3 de maio de 2019.- O PSOE de Viveiro presentou este venres a súa candidatura para as próximas Eleccións Municipais que encabezará a actual rexedora, María Loureiro. Fíxoo nun acto no que participou o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, e a Deputada do PSOE no Parlamento Galego, Concepción Burgo, acompañados de veciños e compañeiros do partido na Comarca.
María Loureiro agradeceu a confianza e o apoio de todos os militantes para liderar a lista dos socialistas en Viveiro. “A candidatura a conformamos 20 persoas, pero temos detrás moita xente que nos axuda e que fai que o PSOE sexa un referente na Mariña. Combinamos experiencia con xuventude e a diferenza doutros partidos, nós somos un equipo, e nos dan igual o número no que saiamos con tal de chegar ao noso obxectivo: que en Viveiro continúe un Goberno de progreso. Repiten os 8 Concelleiros desta lexislatura, amosando unha vez máis, que nós non temos liortas internas nin divisións, nós traballamos unicamente polos veciños de Viveiro. Por iso, dende o 2014 reducimos a débeda do Concello 4 millóns de euros. E o fixemos sen renunciar a novos investimentos no municipio, grazas ao Plan de aforro municipal que estamos desenvolvendo e no que todos os anos imos baixando a débeda. Nestes 4 anos o balance do goberno é positivo, aínda que somos conscientes das necesidades que ten o noso Concello. Demandas que veñen herdadas da época de autovías e parques empresarias, cando gobernaba o PP en Viveiro e na Xunta de Galicia, e que non fixeron absolutamente nada. Pasou coa Autovía do Cantábrico que transcorre por Vilalba e non por Viveiro ou co polígono empresarial que chegou ao Concello no 2011 grazas á xestión de Melchor. Neste mandato, por desgraza, Viveiro foi a gran marxinada da Xunta de Galicia”.
Políticas para potenciar o turismo
“Un dos eixes vertebradores das nosas políticas é o turismo, un sector fundamental para a economía do Concello. Conseguimos que o turismo empece a deixar de ser estacional e veñan persoas durante todo o ano porque cando unha persoa visita Viveiro, repite. E o facemos impulsando un amplo programa de iniciativas que son referente en España e fora de el. Colaboramos co Ressurection Fest, coa Semana Santa, co CAMOVI, coa Feira da Merluza… Sempre co apoio da Deputación de Lugo, e agora co goberno galego. Lamentamos que o PP na Xunta non axudara a estes eventos a medrar, nas súas orixes, cando é máis complicado e únanse ao carro cando xa están na cima”.
Melloras para Viveiro en tan só 10 meses do PSOE Goberno de España
Loureiro destacou que “10 meses do PSOE no Goberno do Estado permitiron desbloquear varios proxectos en Viveiro, como axilizar as tramitacións para licitar canto antes a mellora da fachada do paseo marítimo ou as mellores previstas para a praia de Sacido. Ademais, temos varias iniciativas que queremos levar a cabo e que competen ao Executivo Central que serán máis doados executar cun goberno amigo”. Santos Ramos puxo en valor os 900.000 euros máis ao ano que recibe Viveiro tras o incremento das pensións que levou a cabo o PSOE dende o Executivo do Estado, beneficiando directamente aos 4.600 pensionista do Concello, ademais do aumento do Salario Mínimo Interprofesional ou a baixada do paro, con máis persoas afiliadas á Seguridade Social e máis contratos indefinidos, entre outras medidas.
“Achegamos 3 millóns dende a Deputación”
“Viveiro é exemplo de que cando gañan os socialistas gañan os veciños”. Neste senso, o Secretario Provincial detallou os máis de 3 millóns de euros de investimentos que achegou o PSOE ao Concello dende o Goberno da Deputación para servizos públicos. “Financiamos as melloras nas rúas Rego das frores, Alonso Pérez, Jesús Noia e Lodeiro, entre outras; rehabilitamos 4 quilómetros de estradas provinciais, reparamos a cuberta e a fachada da igrexa de Celeiro, acondicionamos os accesos á praia da Area e ampliamos a rede de saneamento de Toxeiras… e que fixo o PP dende a Xunta? Nada”, apuntou o Secretario Provincial.
“María conseguiu facer un legado propio”
Concepción Burgo subliñou que “a Alcaldesa de Viveiro recolleu un enorme legado de Melchor Roel, pero foi capaz de facelo seu propio, sendo unha voz que se escoita en toda a provincia. María Loureiro levou a cabo accións fundamentais para cambiar a cidade, como a reordenación do tráfico ou a mellora da fachada marítima, soportando as malas artes do PP. Agora consolidouse como un referente na Mariña e unha das mulleres que lideran os Concellos na Comarca, como Mayra en Trabada e Rocío en Lourenzá”.
Candidatura para acadar a maioría absoluta
O PSOE de Viveiro presenta unha lista para acadar a maioría absoluta no Concello. As persoas que conforman a candidatura son María Loureiro García, Jesús Fernández Fernández, Lara Fernández Fernández-Noriega, Jesús Antonio Fernández Cal, María Soledad Rey Yáñez, César Iglesias Docal, Victoria Baamonde Gómez, Emilio Villarmea Méndez, María del Carmen Franco Díaz, Jacobo Baermúdez Guerreiro, Carmen Varela Vázquez, Iber Xosé Sánchez Rey, Dulce María Cociña Neira, Óscar Canoura González, Vitorina Candeias Raposo De Matos, Jesús Chao da Silva e María Dolores Fraga Fernández. De suplentes: Vicente Hermida Rodríguez, Telma Canoura Regal e Aurelio Goas Gómez.



















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



