Burela, 21 de maio de 2019.- A candidata do PP burelés, que concorre como número dous do novo e preparado equipo encabezado por Manuel Rouco para as vindeiras eleccións do 26 de maio, asegura que “Llano remata o mandato con dous novos enganos á cidadanía, na liña que ten seguido nestes catro anos”. E é que o alcalde socialista adiantar no pleno celebrado o pasado 28 de marzo que antes das eleccións municipais habería outra sesión para aprobar o proxecto de modificación do pavillón Vista Alegre, pero, a día de hoxe, “non hai pleno convocado con ese asunto nin se lle agarda”. Naquela sesión, lembra a popular, que a Relación de Postos de Traballo (RPT) dos empregados públicos municipais tamén sería aprobada antes dos comicios deste domingo, pero este “nin está nin tampouco se lle agarda”. “É dicir, o tempo esgotouse e non cumpriu”, insiste.
O candidata popular afirmou que “Burela non aguanta xa tanto engano e mentira. Nestes últimos catro anos, vimos titulares de prensa sobre a ubicación do mercado, a ordenanza das terrazas, o plan de tráfico, o parque empresarial do Perdouro, a peonalización de certas rúas, a traseira de Capitanía, a modificación do Plan Xeral, o novo pavillón… agora, tamén a ampliación do pavillón Vista Alegre e a RPT. Pero só foron iso, titulares, sobre os que nada se fixo e nada se traballou”.
Para a popular, “cada día que pasa faise máis real a posibilidade de que o Burela Futsal Pescados Rubén xogue fóra, se non toda, alomenos boa parte da vindeira temporada, con todo o que iso trae consigo, pola pasividade de Llano e de Fernández Rey”.
E no relativo á RPT, indica que “Llano asinou o contrato da mesma en xuño de 2016, hai nada máis e nada menos que tres anos, e a día de hoxe ainda segue facendo reunións, pero sen pechar ningún documento e polo tanto sen levalo ao pleno, órgano competente para a súa aprobación”.
Oroza, asega que “deste xeito de facer política mudará radicalmente a partires do día 26 de maio. Cun goberno municipal do PP, encabezado polo noso candidato Manuel Rouco, non se farán anuncios baldeiros de contido. Pero non só iso, traballaremos para ter unhas instalaciòns deportivas acordes co que a cidadanía que practica deporte, os clubes e as asociacións deportivas precisan. Xa o demostramos no seu día: cun goberno municipal do PP instalouse a actual pista do Vista Alegre; a primeira ampliación de Vista Alegre fíxoa un goberno municipal do PP, e un goberno municipal do PP deixou licitada e adxudicada, en 2007, e segunda e hasta agora derradeira ampliación do indicado pavillón”.
No tocante á política de persoal, lemra que a RPT en vigor, a primeira que se elaborou, pactouna cos sindicatos un goberno municipal do PP en 2006. “Dende logo, a nós non nos levará tres anos pactar cos sindicatos unha nova RPT, áxil e adaptada ás necesidades do concello”, conclúe.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



