A Mariña, 28 xuño, 2019. Un total de trece Concellos de A Mariña impulsarán o fomento da igualdade coas axudas que concede a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, e que ascenden a 262.659 euros. Trátase dunha iniciativa “extraordinaria e necesaria” segundo destacan os populares desta zona para “traballar na sensibilización e atallar algo tan importante como é a violencia de xénero”.
Concretamente, as entidades locais da provincia recibirán ao abeiro desta medida case 700.000 euros, dos que o 37,5% son para as da Mariña. Neste senso, os Concellos beneficiados son: Alfoz, O Valadouro, Barreiros, A Pontenova, Trabada, Lourenzá, Riotorto, Burela, Ribadeo, Mondoñedo, Xove, Viveiro e Ourol.
As subvencións, ademais das accións indicadas, tamén están destinadas ao fomento da conciliación e apoio do Centros de Información ás Mulleres (CIM). Son precisamente estes Centros os que reciben unha maior dotación orzamentaria. Nesta comarca, que son os de Burela, Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo, a achega que perciben é de 180.887 euros, e está dirixida a financiar os custos do persoal que traballa nestes centros, en concreto os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
Dende o PP queren así poñer en valor esta medida que lidera o Executivo Galego, pois “todo o que se faga para a prevención da violencia machista e para garantir a igualdade sempre é necesario e é recibido de bo grado, xa que ten un beneficio directo nas mulleres que o precisan”, conclúen.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



