Ada Colau segue a ser alcaldesa de Barcelona logo de acadar 21 votos entre os 41 concelleiros e, deste xeito, a maioría absoluta que require a lexislación electoral local para obter a alcaldía no canto da candidatura máis votada (Esquerra Republicana de Catalunya-ERC-, no caso da Cidade Condal). A Colau xuntou os seus 10 concelleiros aos 8 do PSC nun pacto de goberno (o mesmo PS que aprobou o 155 a fins de outubro do 17) e recebiu 3 dos 6 votos dos concelleiros de Barcelona pel Canvi–Ciutadans, o do antigo primeiro ministro francés Valls, do antigo ministro do PSOE Celestino Corbacho e o doutro representante da espranza branca das elites barcelonesas do Upper Diagonal.
Disque Ada Colau xurdiu do 15-M e da Plataforma antidespexos. O máximo recoñecemento para o seu traballo social anterior á alcaldía. Mais pasaron moitas cousas nestes catro anos. A xestión dos Comúns na capital da Catalunya foi cativa, como noutros concellos da nova política. Resultados ruíns en alugueiros sociais, degradación da convivencia urbana, proxectos de infraestruturas desaquelado…
Ada Colau tentou na súa verbalidade (nunca na súa praxe) manter unha imposíbel equidistancia entre soberanismo e unionismo na crise de setembro e outubro de 2017, mais agora decidiu de vez a prol dos do 155, pactando co PSC e, o que é moito máis desaquelado, aceptando os votos dos tres concelleiros independentes da candidatura de Citadans. Unha candidatura abeirada nas elites unionistas barcelonesas, que disque forneceron Valls estes seis meses duns medios de vida que esixiu e que algunhas fontes calculan nuns 20.000 €/mes!! A candidata da ruptura, do 15-M e da xente do común apoiouse primeiro no PSC e nos herdeiros do PSUC, sempre omnipresentes no Concello barcelonés e agora fai depender o seu goberno dos tres votos decisivos do antigo premier francés. Cousas veredes ou como diría o noso Manquiña naquel mítico Airbag “lo mismo que te digo una cosa te digo la otra”.
Colau escolle socios, escolle amigos, escolle trincheira e non lle importa que a súa decisión sexa coetánea da interlocutoria do Tribunal Supremo que lle impide ao eurodeputado electo e presidente de ERC, Oriol Junqueras, acceder á plenitude dos seus dereitos políticos, no peor exercicio dunha arbitrariedade xudicial vulneradora do dereito fundamental á participación política que fana a fasquía e funcións do Parlamento Europeo.
Tanto lle ten á alcaldesa. O importante é reter o poder, malia que menos dun 30% das súas bases expresaran a súa conformidade para o efecto.


















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



