O investimento rolda os 14.000 euros e foi financiado integramente con fondos municipais
Ortigueira, 10 de marzo de 2026. O Concello de Ortigueira completou recentemente a mellora das instalacións do ximnasio municipal, situado no edificio da piscina. A novidade é a incorporación dunha nova máquina multifunción de oito estacións, deseñada para optimizar o adestramento das persoas usuarias e permitir que até oito persoas poidan realizar actividade física de maneira simultánea. A adquisición do equipamento supuxo un investimento total de 14.000 euros, sufragado integramente con fondos municipais.
Esta nova dotación substitúe a maquinaria anterior, que prestaba servizo desde a apertura do ximnasio hai aproximadamente 20 anos e que xa presentaba un notable desgaste polo uso. Con esta renovación, o goberno local busca garantir unha práctica deportiva máis segura, eficiente e adaptada ás necesidades actuais dos veciños e veciñas que acoden con frecuencia a estas instalacións.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destaca a importancia deste investimento para fomentar un estilo de vida saudable. O rexedor sinala que “el compromiso del Concello es mantener las instalaciones en un estado óptimo, renovando aquellos elementos que, tras décadas de funcionamiento, ya habían cumplido su ciclo de vida útil”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



