O Vicedo 26-6-19. Vense de publicar a programación sociocultural prevista para este mes de xullo e está dominada polos xa habituais “Mércores de natureza”, xa que hai un total de 5 actividades de natureza ao longo do mes. Concretamente o 3 de xullo ás 17h será a presentación dos mércores de natureza con táboas paddle surf e kayaks pola Abrela, o 10 de xullo ás 10h a subida do Río Sor en Kayaks saíndo desde o peirao de O Vicedo, o 17 de xullo ás 10h unha ruta de sendeirismo entre Covas e Fuciño do Porco e Folgueiro (utilizando o tren Feve para os desprazamentos de ida e volta desde O Vicedo), o 24 de xullo ás 16h a novedosa xeoruta, que percorrerá parte da costa do Vicedo, concretamente as praias de Area Grande e Xilloi, para coñecer as rochas cun pasado de máis de 470 millóns de anos, con materiais volcánicos e que se transformaron no “ollo de sapo”, e finalmente o 31 de xullo unha ruta mixta de Sendeirismo e kayaks entre Xilloi e O Barqueiro (sendeirismo) e regreso (voluntario) en kayaks cruzando a ría ata Xilloi.
Por outra banda o día 21 de xullo celebrarase a Festa do Turismo Rural, ou Festa do Cabalo, que se celebrará no parque eólico de Riobarba, e que contará con misa na honra de S.Vicente de Francos, degustación de produtos típicos, campeonato ecuestre e baile.
Por último o 27 de xullo será a cuarta edición da Romaxe Viquinga, cunha xornada previa o 26 a partires das 20:30h co pregón a cargo de Serxio Pazos, desfile polas rúas do Vicedo, ruta de tapas e cantos de taberna. Xa o 27 será o espectacular desembarco viquingo e batalla, obradoiros, combates, torneo cristián con cabalos, mercado de artesanía e os espectáculos nocturnos finais.
Ademais destas actividades, haberá algunha máis para a que falta a confirmación oficial definitiva






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



