Santiago de Compostela, 18 de xuño de 19. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, esixiulle hoxe á Xunta un plan de dinamización económica de 7 puntos para apoiar ao sector industrial dende o financiamento, a formación e a innovación. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca do Parlamento para reclamar o apoio do goberno galego á competitividade do sector en Galicia, pero que foi rexeitada polo PP.
Toja reclamou así un incremento dos recursos do goberno galego dirixidos á innovación, reforzando o I+D+i como vía para reforzar o valor engadido das empresas galegas. Ademais, reivindicou plans de formación tanto para ocupados como para desempregados co obxectivo de incrementar a capacidade competitiva e, finalmente, reivindicou incrementar o financiamento tanto para empresas en dificultades como para a internacionalización.
A responsable socialista explicou que o sector, que factura en torno a 1,7 millóns de euros anuais, posúe unha estratexia empresarial polarizada entre grandes multinacionais altamente desenvolvidas e competitivas e un número elevado de Pemes sen capacidade para reforzar a internacionalización, o desenvolvemento e a innovación. Ademais, explicou, o 18 por cento das empresas concentran o 75 por cento do negocio e o 70 por cento do emprego.
A parlamentaria socialista advertiu neste sentido que o goberno galego dispón de responsabilidades relativas á mellora da competitividade das empresas galegas, e polo tanto tamén no sector da conserva que “precisa urxentemente deste plan de dinamización económica”.
Explicou ademais que a propia UE esixe unhas “condicións de traballo dignas, seguras e saudables”, eliminar as prácticas comerciais de venda por debaixo do custe de produción, e un comercio internacional “aberto e baseado en regras transparentes e xustas.”.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



