Lugo, 5 de xuño de 2019. O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo vén de ditar unha sentenza coa que desestima o recurso presentado polo Deputado non adscrito co obxectivo de paralizar o Orzamento Provincial de 2019. É a 3ª vez que a xustiza dá a razón á Deputación, pois nin aceptou as medidas cautelarísimas nin as cautelares solicitadas para frear de xeito inmediato o presuposto e bloquear todos e cantos proxectos e axudas se destinan aos 67 Concellos e aos máis de 300.000 lucenses. Co convencemento de ter actuado sempre cumprindo rigorosamente a lexislación vixente, cos todos os informes técnicos favorables, con xurisprudencia neste mesmo senso e co aval da xustiza, o Goberno da Deputación executou dende o primeiro día o orzamento provincial, primando coma sempre o interese colectivo de todos os veciños da provincia.
A sentenza recolle o seguinte fallo:
1.-Declarar la inadmisibilidad por inexistencia de actuación administrativa impugnable por el procedimiento especial de derechos fundamentales, del recurso nº 45/2019 interpuesto por D. Manuel Martínez Núñez, contra el acto administrativo impugnado descrito en el Fundamento de Derecho Primero de esta resolución, el cual, en consecuencia, se declara ajustado al ordenamiento jurídico.
2.-Imponer las costas a la demandante limitándolas como máximo a 300 euros.




















A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



