Lugo, 5 de xuño de 2019. O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, recibiu este mércores no Pazo de San Marcos aos representantes de asociacións da Hostalaría de Cantabria, Pais Vasco, Asturias, Coruña, Santiago e Lugo. No encontro, os representantes destas asociacións tiveron a oportunidade de intercambiar ideas sobre os programas e actividades que están a levar a cabo nos seus territorios para promover o turismo. Tamén puxeron en común as boas prácticas para impulsar os Camiños de Santiago e incrementar a calidade dos servizos que ofrecen aos peregrinos.
Estas asociacións de hostaleiros do Norte de España están a impulsar conxuntamente o proxecto Peregrinos por el Norte cun importante compromiso na atención aos camiñantes de calquera das variantes do Camiño de Santiago ao seu paso por Guipuzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo e A Coruña. Os case 130 hoteis que forman parte desta iniciativa están a ofrecer servizos estandarizados, especializados e exclusivos orientados ás necesidades dos peregrinos.
O Deputado de Turismo en funcións destacou “a importancia territorial e influencia que a provincia de Lugo aporta aos Camiños de Santiago e a necesidade de ofrecer servizos de calidade aos peregrinos coa finalidade de que leven unha boa imaxe e elixan repetir a experiencia ou recomendala”.
Vidal Baamonde destacou tamén a importancia da colaboración entre o sector público e privado para levar a cabo iniciativas que impulsen un turismo de calidade e engadiu que “da man do sector privado impulsamos iniciativas como a campaña de Exaltacións Gastronómicas… E para Comer Lugo, que estamos a desenvolver conxuntamente a Deputación coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) como unha iniciativa para potenciar o turismo gastronómico na provincia”.
Participantes no encontro
Ao encontro deste mércores acudiu o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, José Francisco Real Castro. Representando a Asociación de Hostalería A Coruña asistiron Héctor Cañete (Presidente) e Andrea Díaz (Xerente). Por parte da Confederación Empresarial de Hostalería de España participaron nesta recepción José Luis Yzuel (Presidente) e Emilio Gallego Zuazo (Secretario). Procedentes doutras comunidades autónomas do Norte de España tamén estiveron presentes o xerente da Asociación de Hostalería de Vizcaya, Héctor Sánchez. En representación da Asociación de Asturias acudiron José Almeida (Presidente) e Eva Coppen (Xerente). Entre os representantes da Asociación de Cantabria estiveron presentes Ángel Cuevas (Presidente) e os membros da Xunta Permanente desta entidade, Fernando de la Pinta, Marcelo Fernández, e José Mª Bueno.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



