Lugo, 27 de xuño de 2019.- Os concellos da provincia de Lugo percibirán este ano axudas da Secretaría Xeral da Igualdade por un importe de 688.800 euros para levar a cabo distintas accións de fomento da igualdade. Así o explicaron hoxe a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, nunha rolda de prensa na que deron conta da resolución desta convocatoria de achegas dirixidas a entidades locais.
As axudas benefician a 44 municipios da provincia, tanto para proxectos individuais como de xestión compartida. Están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e destinaranse a financiar iniciativas en catro liñas de actuación. Este ano incorpórase como novidade o programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Ademais, a través destas axudas desenvólvense iniciativas de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, de fomento da conciliación e de apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM).
O programa con maior dotación orzamentaria é o que se destina ao funcionamento dos CIM, cuxa contía ascende na provincia de Lugo a 492.180 euros, que se distribúen en 11 centros situados en Burela, Palas de Rei, Sarria, Monforte de Lemos, Chantada, Ribadeo, Mondoñedo, Quiroga, Lugo, Viveiro e Vilalba. Salvo os tres últimos, os demais están agrupados con outros municipios da contorna, polo que en total os concellos beneficiados ascenden a 36.
Estas achegas diríxense a financiar os custos do persoal que traballa nestes centros, en concreto os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. No caso da provincia de Lugo, as axudas concedidas contribuirán ao mantemento de 28 postos de traballo.
Por outra banda, a liña de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar contará con 107.800 euros para financiar accións en 11 concellos: Mondoñedo, Outeiro de Rei, Guitiriz, Xove, O Valadouro, Sober, Palas de Rei, Alfoz, Rábade, Xermade e Ourol.
En canto ás accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, contarán con axuda 15 entidades locais da provincia por un importe global de 76.580 euros. Os concellos beneficiarios son Chantada, Viveiro, Palas de Rei, Monforte de Lemos, Alfoz, Mondoñedo, Pol, Triacastela, Guitiriz, Outeiro de Rei, Ribadeo, Xermade, Quiroga, Xove e Trabada.
Por último, na liña de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero a contía das subvencións é de 12.300 euros que chegarán a tres concellos: Guitiriz, Monforte de Lemos e Xove. Ao abeiro desta liña, fináncianse accións de intervención de carácter integral coas mulleres que sofren este tipo de violencia, os seus fillos e fillas e as súas persoas dependentes; así como actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual e a prostitución.
Así mesmo, a secretaria xeral da Igualdade sinalou que ante a alta demanda, a Xunta vai ampliar en case 260.000 euros o orzamento destinado ás iniciativas para conciliar a vida laboral, persoal e familiar e ao programa de apoio aos Centros de Información ás Mulleres co obxectivo de atender á totalidade dos expedientes que cumpren todos os requisitos para a concesión das axudas. No que atinxe á provincia de Lugo, segundo avanzou, a dita ampliación permitirá financiar os programas de conciliación presentados polos concellos de Baralla, Pol e Taboada.
Conciliación en Palas de Rei co programa ‘Xogando en vacacións’
Susana López Abella, acompañada de Balseiro e do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitou tamén esta mañá o programa de conciliación “Xogando en vacacións” do Concello de Palas de Rei. A actividade consiste nunha serie de obradoiros escolares para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolven durante as vacacións. A maioría deles pertencen o medio rural, a parroquias moi pouco poboadas. O sistema de selección é segundo un criterio de ingresos per cápita das familias.
Os participantes forman parte de 55 familias do concello e a organización, xestión e seguimento da actividade serán levadas pola directora do Centro de Información á Muller, Divina Agra. Mediante esta acción, faise posible que as familias poidan facer fronte a época de vacacións para os máis cativos, pero laboral para os pais e nais. Ademais, a medida comprométese a dar prioridade ós veciños con menos recursos.
As actividades, que veñen realizándose dende 2018, estarán subvencionadas con fondos da Xunta de Galicia: tanto para os custos de persoal como para a compra de material. Cinco serán as persoas (dous mestres, un pedagogo e dous monitores de tempo libre) encargadas da realización dos talleres e obradoiros.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



