Viveiro. 29 de xuño de 2019. Os indepententes de POR VIVEIRO manifestaron esta mañá a súa postura sobre a situación da Romería do Naseiro, que deberá de celebrarse coma cada ano o cuarto domingo de agosto no entorno do Val do Landro.
A “Romaxe do Bo Xantar” leva celebrándose dende o seu nacemento na mesma ubicación. Durante os últimos anos, as diferentes administracións foron invertindo considerablemente na mellora da zona para garantir a celebración da romería, con seguridade para os participantes e protección do medio ambiente.
Seguramente, poderanse establecer máis e mellores medidas, para que o impacto da romería no Río Landro sexa o menor posible, e se garanta unha total protección do medio.
Por Viveiro, mantivo contacto esta semana coa comisión organizadora co fin de escoitar as medidas propostas por Augas de Galicia e interesarse pola situación da multa imposta á organización.
“A multa ao descenso humorístico do Landro, é totalmente absurda, e só pode ser froito do descoñecemento. Centos de persoas participan nun descenso que dura aproximadamente 3 horas, e que non supón ningún impacto no medio natural, máis que o de centos de persoas disfrutando do río e dun paraxe natural único. Imaxinan vostedes a suspensión da proba internacional de descenso do Sella, por poñer un exemplo, co mesmo argumentario de Augas de Galicia? Ou a prohibición do baño nas praias, polos danos posibles á fauna mariña?, preguntan os independentes.
Así mesmo indicaron: “As medidas de separación entre a festa e o río, fan inviable a realización da festa nun recinto no que se gastaron miles de euros públicos en acondionamento para a celebración da romería. Dende Por Viveiro, instaremos na reunión do vindeiro martes no concello a non acatar as estrictas medidas de protección de Augas de Galicia”
“Resulta incrible, que a Xunta de Galicia se preocupe por un descenso humorístico de 3 horas, cando as veciñas e veciños de Viveiro, levamos anos agardando a reparación do emisario que contamina a nosa ría os 365 días do ano, así como a limpeza dos nosos ríos que en moitos tramos se atopan nun estado lamentable, pola falta de atención desta administración pública.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



