O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este martes no Mercado de Abastos de Lugo, xunto ao Alcalde do Concello de Burela, Alfredo Llano García e outras autoridades, na presentación da XXXV Feira do Bonito de Burela e a XIX Feira Produart de produtos artesanais e ecolóxicos que terán lugar, conxuntamente, a vindeira fin de semana. Esta gran cita turístico-gastronómica da provincia, coa que colabora a Deputación, celebrarase por primeira vez co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.
