Cervo, 4 de xullo de 2019.- Máis de 200 pequenos e pequeñas participan nas diferentes actividades programadas polo Concello de Cervo, que deron comezo esta semana, coincidindo co inicio do mes de xuño, e que están enmarcadas nos programas Cervo Concilia, Enredos de Verán e Repasando en Verán “pensadas para ofrecer diferentes alternativas didácticas e de ocio ás crianzas para o seu tempo de ocio, favorecendo a conciliación das familias durante as vacacións estivais” tal e como precisou a edil de Educación, Dolores García Caramés.
Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto en horario de verán, e están dirixidas aos/ás nenos/as de entre 3 e 12 anos.
Na mañá do luns puideron desfrutar de diferentes xogos na Praia do Torno deseñados polos monitores. O martes deron os seus primeiros pasos no mundo do piragüismo da man do C.D. San Ciprián no encoro de Río Cobo, actividade que repetiron este xoves; mentres que o mércores realizaron xogos de diversos tipos na Praza dos Campos.
Para este venres teñen preparada unha Xornada de Coidado co Medio Ambiente e diferentes actividades de Aventura tanto para os máis pequenos como para os mozos e mozas en idade xuvenil.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



