A Mariña, venres 19 de xullo 2019. No día de hoxe o BNG na Mariña presentou os diversos actos que se se van desenvolver na comarca, previos ao 25 de xullo, día da Patria Galega..
As nacionalistas mariñás convidan á cidadanía a participar na manifestación en Compostela o día 25 ás 12 da mañá e para a que hai disposto un autobús e a xente interesada pode apuntarse chamando ao tfno 982140654 ou no correo amarinha@bng.gal. Así mesmo, desde Galiza Nova animan á mocidade a participar no Festigal, un evento con unha ampla e variada oferta cultural e musical os día 24 e 25 de xullo.
Convidan tamén @s nacionalistas a pendurar de fiestras e balcóns a bandeira patriótica, bandeira que se pode adquirir na sede comarcal do BNG
Barreiros e Foz acollen os actos principais do BNG na Mariña
Así mesmo presentouse a XXVI edición da Festa da Patria en Foz, que se celebrará o sábado día 20 no porto, diante da lonxa a partir das 19:30h e na que se poderán degustar chicharros lañados, entre outras cousas. Haberá tamén xogos para nen@s.
O domingo 21 corresponderálle a Barreiros donde organizan a xa coñecida Mani-festa ou “bonitada do Bloque” que xa vai pola XV edición, na área recreativa da Insua, a partir das 14h. Un xantar no que o prato principal é o bonito e no que haberá tamén actuacións musicais e intervencións políticas.
Galiza, un novo impulso
Baixo este lema celébrase este ano o Día da Patria Galega, e despois do proceso electoral das eleccións municipais no que o BNG afianzou e mellorou as súas posicións na comarca, ábrese agora un novo ciclo político coas eleccións galegas no horizonte, no que o BNG ten como obxectivo liderar un cambio real para Galiza, moi necesario tamén para os intereses da comarca da Mariña. E para lograr ese obxectivo o BNG quere sumar, vila a vila, concello a concello e cidade a cidade, máxime cando no contexto actual se demostra que o nacionalismo é o movemento mais transformador e emancipador para facer fronte á involución antisocial e antidemocrática do Estado español.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



