Xove, 26 de xullo, 2019. Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, arrancou o 16 de xullo con todo tipo de actividades; estas estanse realizando no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os días de bo tempo.
A posta en marcha deste Programa incide na integración da vida laboral e escolar, aproveitando que os nenos/as que participan están en período vacacional. Concilia Xove, nace para cubrir as necesidades por parte das familias con demanda de ter un servicio do concello para conciliar a vida familiar e laboral.
XOGOS PRE-DEPORTIVOS
Dirixido a nenas e nenos de 4º de Educación Infantil (3 anos) a 4º de primaria, desenvólvese do 2 de xullo ao 13 de agosto, segundo os seguintes horarios:
MARTES E XOVES de 11:30 a 12:30 H.
Nesta actividade inscribíronse 14 nenos, que realizan as súas actividades na Aula Multideportiva do Concello.
MAÑÁNS DIVERTIDAS
Dentro deste programa, que está sendo levado a cabo por un grupo de voluntarias, estamos tendo diversas e variadas actividades:
-Actividades de Robótica.- Realízanse os mércores, na Aula de Informática da Omix, en dous grupos, un de 10:30 a 11:45 h e outro de 12:00 a 13:15 h. Nesta actividade participan 23 rapaces/as de entre 10 e 16 anos.
-Manualidades.- Outra das actividades realizadas polos inscritos nestas mañáns divertidas é a realización de distintas manualidades, realizadas con todo tipo de materiais, actividade na cal os participantes poden dar renda solta as súas inquedanzas artísticas.
As mañáns divertidas comezaron o 2 de xullo e van ter continuidade ata o vindeiro 22 de agosto. As actividades desenvólvense os martes, mércores e xoves e son coordinadas por cinco rapazas voluntarias: Eva Hermida Quelle, Alba Villarquíde Pérez, Laura Cuadrado López, Sara Martínez Martínez e Sofía López Lousas






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



