Foz 17-7-19. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o martes 23 de xullo ás 20:30 na Casa da Cultura “Poeta Manuel María de Foz” unha palestra sobre a situación social e política nos territorios ocupados de Palestina no actual contexto de crise, desetabilización e guerra que se está a vivir no Oriente Medio.
A conferencia promovida pola asociación cultural A Pomba do Arco pretende achegar a grave situación humanitaria na que se atopan os cidadáns palestinas residentes nos territorios ocupados de Gaza de Cisxordania, privados dos máis elementais dereitos humanos, condenados á mais absoluta miseria pola actuación dos ocupantes sionistas, sometidos a unha auténtico réxime de apartheid na súa propia terra, perseguidos e encarcerados por loitar pola súa liberdade e expulsados do seu propio país, até o punto de ser milleiros os cidadáns palestinos que se atopan no exilio ou desterrados. A asociación cultural A Pomba do Arco quere lembrar que non esta a primeira ocasión na que a entidade se ocupa do xenocidio ao que se ten sometido o pobo palestino, tendo organizado xa no pasado outras actividades sobre esta mesma problemática.
A palestra correrá a cargo dun conferenciante de luxo, o portavoz da Fronte popular de liberación de Palestina para Europa Fayed Badawi, naceu en 1955 no campo de refuxiados palestinos de Tal az-zatar, en Beirut Leste, destruído en 1976 polos sionistas, residindo posteriormente no de Sabra e Chatila, onde as milicias da Falanxe libanesa, respondendo as orientacións das forzas de ocupación israelí, violaría, torturarían e asasinarían en 1982 entre 800 e 3.500 palestinos, nunha das máis grandes masacres da historia contemporánea. Fayed Badawi, licenciado en filoloxía árabe e estudante de medicina, carreira que debeu abandonar como consecuencia dos seus compromisos políticos, incorporouse á resistencia palestina aos 12 anos, participando en 1982 na batalla de Beirut, que obrigou aos militantes palestinos a abandonar as súas posicións no Libano camiño do exilio cara outros países árabes. Fayed Badawi dedicase nos últimos anos a participar en palestras por toda Europa co obxectivo de dar conta do que está a acontecer cos palestinos.
A Pomba do Arco considera de particular interese achegar un testemuño de primeira man do que está sucedendo en Oriente Medio, particularmente nun contexto político onde a zona está sendo tensionada por diferentes conflitos bélicos de carácter rexional onde as potencias internacionais operan como actores centrais. Neste sentido Fayed Badawi botará tamén unha ollada a situación en Siria, estado que coñece a perfección por ter resido nel durante épocas, en Irán, sometido a un brutal bloque que ameaza con dobregar a súa economía e coloca a súa poboación nunha situación limite e tamén en Iemen, victima dunha agresión externa a mans de Arabia Saudita que esta a provocar miles de mortos diante do silencio cómplice da comunidade internacional. Xa por último a Pomba do Arco quere convidar a toda a veciñanza de Foz e da Mariña a unha conferencia que representa unha oportunidade única na nosa zona para poder coñecer de primeira man a situación en Palestina co testemuño dun dos seus autorizados protagonistas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



