Ribadeo, 5 de xullo de 2019. O PP de Ribadeo destaca a “vontade de colaboración por parte da Xunta de Galicia coas entidades asociativas de Ribadeo”. Unha mostra constitúea a achega de preto de 10.000 euros para a mellora das instalacións do Círculo Habanero por parte do Goberno galego despois das xestións realizadas polos populares.
Os populares sinalan “a importancia da recuperación e conservación do legado indiano -de Cuba, concretamente- que existe en Ribadeo”. Nese sentido, poñen en valor “a renovación dos maineles das ventás no edificio central do Círculo Habanero”. Así mesmo, explican que “estas axudas do Goberno galego a entidades asociativas fixeron posible a rehabilitación da escola habanera da Devesa onde se renovou o chan e a rede eléctrica; ademais de pintar as súas paredes e dotar de sillas ás súas instalacións para facilitar o seu uso para distintas actividades por parte dos veciños e veciñas”.
A responsable popular de coordinación coas asociacións, Marta Saiz, sinala que “seguimos traballando, colaborando e apostando polas entidades asociativas”. Nesa liña, avanza “novas actuacións das que se verá beneficiado o Círculo Habanero de Ribadeo”.























Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



