Mondoñedo, 8 de agosto de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, desprazouse onte ata a capital do Ribeiro, Ribadavia, na provincia de Ourense, para dar a coñecer o XXVIII Mercado Medieval que a cidade mindoniense acollerá dende mañá venres ata o domingo.
Despois de achegarse a Oviedo e Santiago de Compostela, agora Elena Candia convida en Ribadavia –municipio que tamén celebra unha festa de ambientación medieval: a Festa da Istoria- aos veciños e veciñas do Ribeiro, e de toda a provincia de Ourense, a achegarse a Mondoñedo para vivir o Mercado Medieval de Mondoñedo, declarado Festa de Interese Turístico Galego. Candia estivo acompañada polo rexedor local, César Fernández Gil.
A alcaldesa tamén mantivo unha reunión coa Coordinadora da Festa da Istoria, que anualmente recorda a historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra, nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases da época, outorgándoselles recoñecementos a nivel rexional, estatal e internacional. O encontro permitiu que se tendesen “pontes de traballo e de colaboración” de cara a vindeiras edicións entre as dúas cidades que no mes de agosto reviven o seu pasado medieval, segundo traslada Elena Candia. Ademais, esta colaboración farase tamén extensible a outras actividades de diferentes agrupacións tanto mindonienses como de Ribadavia.
Entorno privilexiado e recoñecemento ao labor dos voluntarios
En Ribadavia, a rexedora mindoniense puxo en valor “o marco incomparable para a celebración do Mercado Medieval que constitúen as rúas de Mondoñedo –que forma parte da rede de Los Pueblos Más Bonitos de España- e o entorno da catedral -declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015 xunto ao Camiño Norte que tamén pasa por Mondoñedo, ademais de ostentar a distinción de Ben de Interese Cultural (BIC)-”.
Pero, ademais desta localización que contribúe a “unha ambientación perfecta” e o apoio de veciños e visitantes que asisten caracterizados de época; hai que destacar “o imprescindible labor dos voluntarios que fan posible esta cita ano tras ano”. Como sinal de recoñecemento polo seu traballo, o pregón desta vixésimo oitava edición correrá a cargo de Concepción López, filla de Pepín Agrelo, un dos impulsores do Mercado Medieval de Mondoñedo.
Así mesmo, “o éxito desta cita que cada ano gaña visitantes radica tamén na implicación dos traballadores municipais, o comercio, a hostalería local e outras tantas persoas que colaboran para que cada edición vaia a máis”, tal e como remarcou Elena Candia.
Espectáculo de luces na fachada da Catedral
A Catedral de Mondoñedo será a protagonista dun espectáculo de luces que se proxectará sobre a súa fachada o sábado 10, xornada na que tamén se desenvolverá un espectáculo aéreo e de circo –que tamén se repetirá o domingo 11- seguidos dunha queimada popular.
“Este ano substitúense os números de lume polo espectáculo de luz sobre a Catedral que, sen dúbida, merecerá a pena presenciar en vivo”. Deste xeito, “a organización da cumprimento, así, ao Plan de Seguridade”, expuxo a alcaldesa.
A programación inclúe novidades e aposta polos espectáculos que máis gustan
Entre as principais novidades do programa desta edición atópase o concerto de música andalusí, cristiá e sefardí denominado “La Mujer en el Al-Andalus”, así como unha representación histórica sobre as orixes da Cidade de Mondoñedo a cargo da Asociación Cultural O Pasatempo e en homenaxe aos amigos do Mercado Medieval.
Con todo, a organización continúa a apostar tamén polos espectáculos que máis gustan coma, por exemplo, o torneo medieval a cargo de Hípica Celta, o campamento infantil, as vodas medievais ou a cea medieval da noite do sábado; ademais das actuacións de rúa durante todo o día.
En total, serán preto de 150 os postos de alimentación e artesanía os que se instalen nas rúas do casco histórico onde tamén se desenvolverán as máis de 80 actividades previstas que inclúen demostracións de oficios tradicionais –fiandeiras, palilleiras, zoqueiro, cantería ou coiro- e espectáculos de animación –música, títeres e humor- aos que hai que engadir tamén exhibicións de cetrería, entre outros espectáculos.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



