Foz, 30 de agosto, 2019. Dentro da Festa Normanda de Foz hoxe, no alto da Grela, a carón da capela do Bispo Santo, San Gonzalo, realizarase a representación histórico-literaria “As tres chaves”. Aínda que o acto de hoxe na capela comezará ás 21,00 horas co pregón de Belinda Washington, a continuación arredor de 30 actores, que levan traballando durante as últimas semanas con gran esforzo e ilusión, escenificarán a interpretación dunha lenda que fala de que no cadaleito de San Gonzalo se puxeron tres pechaduras, coas súas tres correspondentes chaves. Os actores participantes son na súa maioría da parroquia de San Martiño, pero tamén os hai doutras parroquias de Foz e doutros concellos. Os efectos especiais tamén xogarán un gran papel na representación, pois ambientarán a resurrección imaxinada do santo, dándolle un toque de maxia e fermosura. A música, como cada ano, será do compositor Jorge Olivera, profesor de música no instituto Alfoz-Valadouro. Aínda que na Festa Normanda de Foz sempre ten maior protagonismo e vistosidade o desembarco do sábado, esta representación histórica contribúe mantendo a vinculación histórica do evento, como corresponde a toda festa que pretende ser iso: histórica.
Estrea de “As tres chaves” na capela do Bispo Santo
Estrea de “As tres chaves” na capela do Bispo Santo
Relacionado
-
A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862 ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove
-
Ana Miranda en Mondoñedo: “Para que o agro galego teña voz directa en Europa é indispensable que o BNG estea na Eurocámara”
-
O Alcalde de Ribadeo xestionou numerosas melloras para as parroquias na entrevista que mantivo coa nova conselleira de Medio Rural.