Burela, 20 de agosto de 2019. No Concello de Burela presentouse hoxe a cuarta edición do Torneo Burela Bonita de fútbol sala que terá lugar do 23 ao 25 de agosto no pavillón Vista Alegre. Participarán o Palma, o Parrulo e o Burela Pescados Rubén. Celebrarase tamén un triangular xuvenil destes equipos e o domingo haberá unha fila cero con fins solidarios, xa que a recadación irá destinada á loita contra o cancro.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey contou que “no Concello de Burela vimos de presentar a cuarta edición do Torneo de fútbol sala Burela Bonita que organiza o Concello en colaboración co Burela FS. Este ano imos contar con tres equipos de División de Honor que van ser o Parrulo, o Palma e o Burela FS. Ademais este torneo servirá como presentación do equipo masculino ante a súa afección. É un ano ilusionante porque volvemos á Primeira División”.
O edil socialista subliñou que “o nivel do torneo con estes equipos evidentemente é moi bo. Empeza o venres e será ata o domingo. O prezo do abono para todo o torneo vai ser de 10 euros e a entrada diaria vai ser de 5 euros. Tamén imos ter un torneo xuvenil, aproveitando que veñen os equipos maiores, van xogar un triangular os xuvenís de cada club”.
Ramiro Fernández explicou que “o domingo vai haber unha fila cero máis a entrada dese día vai ser destinada á loita contra o cancro. Vai estar colaborando tanto a asociación Esperanza de Burela como a Asociación Española contra o Cancro e a Anpa do colexio Vista Alegre, co cal enorgullece que este torneo tamén teña ese xesto solidario”.
O concelleiro de Deportes convida “á xente a acudir ao pavillón, a disfrutar do fútbol sala e ver ao outro primeiro equipo de Burela que este ano vai competir na Primeira División e supoño que terán ganas de deixar un bo sabor diante da súa afección, e seguro que nos dará momentos de moita alegría”.
Na presentación desta mañá no Concello participaron o alcalde de Burela, o presidente do Pescados Rubén Burela FS, así como representantes da asociación Esperanza e da Anpa do Vista Alegre.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
