Ribadeo, 16 de agosto de 2019. O Mercado dos Domingos celébrase na contorna da praza de Abastos de Ribadeo ata o 13 de outubro. Esa xornada terá lugar a Festa da Horta. Pero antes os días 1 e 22 de setembro chegarán o Toma Tomate e o Pemento Fest respectivamente. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, presentou a axendiña do Mercado dos Domingos.
O edil ribadense lembrou que “o concello de Ribadeo aposta desde hai moitos anos polo desenvolvemento dun espazo de consumo local como é o Mercado dos Domingos. Este mercado celébrase todos os domingos na contorna da praza de abastos e terá duración ata o 13 de outubro”.
Vizoso dixo que “o Mercado dos Domingos é un mercado de produtores e produtoras da zona, un mercado directo, achegando así os produtos ás persoas consumidoras, das persoas produtoras á mesa poñendo en valor a economía máis próxima, potenciando o consumo de temporada e saudable, coidando do medio e con garantías de calidade e frescura”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local contou que “neste espazo podemos atopar 13 postos cunha oferta ben diversificada, todos procedentes da zona e no que predominan os produtos da horta procedentes de Ribadeo e no que tamén poderemos atopar coitelería, pan, ostras, queixo, embutidos, zumes, doces ou cervexas, entre outras cousas”.
Pablo Vizoso sinalou que “o Concello de Ribadeo quere apostar por este tipo de mercados e animar a participar deles, xa que así inxectaremos beneficios na economía local, alimentarémonos mellor e axudaremos aos pequenxs agricultorxs e produtorxs da zona ao tempo que apoiamos ao desenvolvemento rural, fomentamos a cultura, e o ocio en Ribadeo”.
O edil engadiu que “desde o Concello queremos ver este mercado de produtorxs non só coma un espazo para a venda, senón tamén coma un espazo para a divulgación dun modelo mais sostible e responsable, un espazo de ocio e gastronomía , e por iso esta tempada poñemos en marcha a axendiña do Mercado dos Domingos, que incluirá o desenvolvemento de diferentes eventos. Xa deu comezo o pasado 11 de agosto do Día do Produto Local, e seguirá o 1 de setembro co Toma Tomate!!, o 22 de setembro co Pemento Fest e rematará o 13 de outubro coa Festa da Horta. Dentro destes eventos contaremos cun espazo dedicado á divulgación da sostenibilidade, a xerar conciencia sobre o consumo responsable e a promoción da economía local e máis próxima e non faltará tampouco un espazo para ocio, onde atoparemos musica e gastronomía”.
Pablo Vizoso animou “ás persoas a que visiten Ribadeo e busquen o noso espazo local de consumo: o Mercado dos Domingos”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



