Burela, 19 de agosto de 2019.- O PP de Burela considera que “o alcalde en funcións está deixando a súa faceta como mago afeccionado pasándose ao humor”. Así o manifesta Manuel Rouco en relación ás declaracións de Alfredo Llano afirmando que a pesar de que “o Goberno do Concello está en funcións” está a “realizar un duro traballo”.
Os populares condenan “a lamentable situación na que se atopan os baños do Monte Castelo ou o feito de ter pechada unha das gradas do campo de fútbol da Marosa para, cando menos, o inicio da liga, por non ter iniciado actuacións, en tempo e forma, que garantan a seguridade dos espectadores”.
Igualmente, lamentan dende o PP de Burela que, mentres di estar facendo ese “duro traballo”, “o cemiterio municipal continúe nun estado de abandono absoluto; xa que estivo sen auga en pleno verán durante numerosas semanas de forma consecutiva e a flora autóctona campa ás súas anchas polo recinto”. Tamén a maleza inunda os solares do centro urbano de Burela apropiándose paulatinamente das beirarrúas da nosa vila sen que o “duro traballo” do alcalde en funcións solucione a situación.
Pregúntanse tamén dende o Partido Popular burelés se ese “duro traballo” é a obra do “Escorial” de Burela, situada no parque da rúa de Suafonte, que leva meses en fase de obras “igual que moitos dos apartados cos que se encontran os usuarios da web municipal”.
“Llano trata de eliminar ao Partido Popular dos actos institucionais”
Os populares bureleses cren que “o duro traballo de Llano debe ser o de tratar de que a única alternativa real de Goberno en Burela, a do Partido Popular, non teña visibilidade institucional”.
Así o cren tras a “non invitación” á presentación oficial da Feira do Bonito deste ano que dende o PP local cualifican como “algo inaudito” que tamén se estendeu aos representantes da Xunta de Galicia. Deste xeito, entenden que “debe estar moi preocupado en tratar de apropiarse dos méritos xestores deste evento para sacarlle rendemento político de cara á cita electoral do próximo mes de setembro”.
Así mesmo, sinalan que “ese duro traballo do que fai gala o Sr Llano tivo que ser o que lle impediu acudir á invitación oficial que lle ofreceu o Goberno da Xunta para supervisar o avanzado estado das obras do colexio Virxe do Carme que rematarán de cara ao inicio do curso lectivo acompañando á conselleira de Educación, Carmen Pomar.
“As denuncias veciñais non paran de amorearse”
Todas estas son “unha pequena mostra das numerosas denuncias veciñais das que, dende o Partido Popular de Burela, nos estamos a facer eco. Denuncias que non paran de amorearse este verán ante a falta de seriedade do alcalde e a pasividade máis absoluta deste Goberno a ralentí”.
Rouco considera que “Llano se atopa encantado con esta situación de Gobernar en funcións no Concello; xa que van cinco meses nos que non se celebra ningún tipo de pleno, a pesar de que houbo motivos de sobra. Así, pode dedicarse ao que mellor se lle da: o “postureo” nos bares da vila e á venda de fume”, sinala o popular que defende que “como ben saben os veciños de Burela, “duro traballo” e Alfredo Llano, non conxugan na mesma frase”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



