Cervo, 3 de agosto de 2019. O portavoz do Grupo municipal, Francisco Mon, criticou este venres a “pésima xestión” do alcalde de Cervo do Partido Popular, Alfonso Villares, “tamén” no ámbito económico, xa que no ano 2018 co afán de sacar rédito electoral a actuacións que non fixo nos últimos oito anos, incúmprese a regla de gasto por unhas actuacións que tivo como “protagonistas” o baixo control de execución dos orzamentos de gastos, e o “despilfarro e a improvisación” coma no caso de obras que non se axustaron os proxectos definidos e incorporacións masivas de persoal.
Os socialistas expresáronse deste modo despois da celebración o venres do Pleno Ordinario, na que se aprobou cos votos a favor do PP, o Plan Económico Financeiro 2019-2020, o instrumento que establece a Lei de Estabilidade Presupuestaria para as administracións que, como Cervo, incumpran a regla de gasto.
“A Villares, a pesar de que leva case dúas décadas o fronte do Concello de Cervo, aínda non ten claro cales son as obrigas”, extremo que, a xuízo dos socialistas, ven a demostrar que “tampouco no ámbito económico é capaz de desenrolar unha xestión a altura do que se merecen os cervenses”.
Así, o apuntaron que, segundo establece o Plan aprobado, durante este ano e o que ven o Concello practicamente non acometerá inversión algunha, levando a cabo soamente as que ten en execución do exercicio pasado de 2018. “Si os orzamentos eran unha mera entelequia, agora directamente é papel mollado”
“Temos un equipo de Goberno que anda a arreos sen un plan prefixado, que toma decisións sen a debidas consideracións prexudicando claramente os intereses dos cervenses, como o “fiasco” do Paseo Peonil de Sargadelos; e que nin sequera é capaz de desenrolar unha xestión que cumpra a lei, cando menos…”
Por outra parte, os socialistas lamentan o “burdo intento” do Partido Popular de “minimizar” a importancia deste “suspenso rotundo” a xestión do equipo de Goberno, que lle impoñen “as normas creadas polos seus propios compañeiros do PP cando estaban no Ministerio de Facenda”. De tódalas formas “Aquí no hai herdanzas recibidas ni administracións inimigas, aquí hai un PP incapaz de sacar adiante un Concello que levan xestionando 19 anos”.
“Por moito diñeiro que se gasten en publicidade e asesores de comunicación, por moitos slogans e titulares, a realidade é que temos un equipo de Goberno que xestiona mal o noso diñeiro e cando menos é escurantista”.
Por último, os socialistas consideran que os Cervenses “teñen que saber” que o incumprimento terá un impacto, queiran ou non, sobre a calidade dos servizos que van a recibir. Así, haberá actuacións que se verán comprometidas ou retrasadas, posibles revisións de contratos a baixa, e por último, pode afectar seriamente os orzamentos do 2019 e anos seguintes porque se reduce a base do gasto computable.


















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



