Cervo, 7 de agosto de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, calificou hoxe de “preocupante” a situación que está a atravesar a empresa do aluminio nestes intres motivada pola inexistencia dun prezo competitivo para a luz “o que está a poñer en serio risco moitos postos de traballo, directos e indirectos, na nosa zona”.
Villares precisou que é preocupante a postura do Goberno, en primeiro lugar, pero tamén a que están a amosar moitos sectores “cunha actitude moito máis pasiva que fai 7 anos, cando protestamos toda A Mariña ao unísono esixíndolle ao executivo central esas medidas necesarias que garantisen a viabilidade da empresa; tendo en conta, ademais, que na actualidade -engadiu- “estamos nunha situación moito máis grave, que queda evidenciada coa baixada da produción da que están a informar estes días desde a multinacional”
De feito, esas manifestacións masivas e esa unión da toda a bisbarra foi crucial para conseguir “reverter eses momentos delicados que vivimos no pasado”.
O rexedor alertou “que si o goberno no dá ese prezo, A Mariña corre un serio perigo e fixo un chamamento á mobilización “temos que berrar todos ao unísono polo ben da nosa comarca, porque se seguimos nesta senda podemos chegar a unha situación sen retorno; está sobre nós a ameaza de que a nosa comarca quede sen esta empresa que é vital; e temos que loitar todos e reivindicar unidos para que cheguen xa esas medidas do executivo, polo presente e polo futuro da Mariña”, sentenciou.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



