Burela, 27 de setembro, 2019. A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a Delegación Municipal de Cultura, presentan o Obradoiro de Cartón, o vindeiro sábado, 28 de setembro ás 11:30 horas na Casa da Cultura.
Un obradoiro creativo para nenos e nenas de 6 anos en diante , onde porán construir personaxes, escenografías, obxectos e calquera outra cousa que che dea o maxín a partir do cartón dunha caixa de zapatos. Só precisas un marcador, tesouras, cinta de papel e un para de instruccións para darlle corpo as túas ideas.
Mircromina Teatro de Títeres, será o encargado desta actividade creativa, dende o 2010 levan representando infinidade de funcións por centros de ensino, auditorios, teatros e espazos non convencionais. Combinan as obras de títeres cos contos e manipulación de obxectos co obxetivo de reforzar a mensaxe e facilitar a súa comprensión.
Este obradoiro está dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas pùblicas de Galicia promovido pola Dirección Xeral de Politicas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



