Analisábamos hai poucos días a absoluta irresponsabilidade e falla de utilidade da esquerda española. Velaí a maioría progresista dende decembro de 2015 que non foi quen nin de derrogar a lei “mordaza”, nin a grave restrición da autonomía local da Lei de modernización dos gobernos locais nin a recentralizacion e xentrificación da educación da Lei Wert.
Arestora ficou claro dabondo. Como cantaban os nosos veciños asturianos Los Berrones a esquerda española (PSOE e UP, que na Galicia preséntase baixo a bifronte fórmula Tone Gómez-Reino/Yolanda Díaz como Galicia en Común) nin sabe, nin vale, nin quere.Como ven de escrebir o noso notábel economista e literato Marcelino F. Mallo, a inoperante esquerda española emite a mensaxe da súa incapacidade de acordo para gobernar, amosando que esta función no Estado só a pode desenvolver o bloque da dereita tripartita. Unha dereita tripartita hoxendía minoritaria na contaxe dos votos estatais por mor da súa relativa derrota na Galicia, Euskadi, Nafarra, Catalunya, País Valencià, Illes Balears ou Canarias mais que podería gañar en novembro no conxunto do Estado dacabalo da previsíbel desmobilización do electorado progresista e da xa evidente deceleración económica.
No contexto moi probábel da volta ás urnas a inutilidade e irresponsabilidade da esquerda española e máis a desmobilzación do seu electorado abriríanlle unha pequena fiestra de oportunidade ao galeguismo para se presentar como a alternativa útil e recuperar a súa presenza no Congreso estatal. Para ilo precisa de unidade, de intelixencia e de xenerosidade. Os resultados electorais do 28-A definiron neste eido unha nidia hexemonía do BNG e, ao mellor, deixaron fóra de xogo aquela coalición nacional á corsa que constituía a solución acaída para gañar a representación na última primavera. Mais, de calquera xeito, a fronte soberanista habería de se decatar que precisa da achega dos milleiros de soberanistas que habitan alén dos seus muros. E eses milleiros que, polo menos para concorrer ás eleccións estatais, o BNG ha xogar un rol central, malia que non exclusivo nin excluínte.
Para poder acadar os votos precisos, ilusionando onde a esquerda española desilusionou, o soberanismo habería definir unha mensaxe clara e sinxela, que fose quen de sumar e seducir ducias de milleiros. Mensaxe alicerzada na defensa dos intereses económicos galegos e das políticas sociais a prol das maiorías, na restauración das liberdades e mellora da calidade democrática e institucional e na reversión da recentralización para acadarmos máis autogoberno, máis e mellor financiamento autonómico e, xa que logo, máis benestar.


















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



