Burela, 19 de setembro de 2019. Continúan as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Esta mañá está habendo sendas charlas impartidas pola DXT nos IES Perdouro e Monte Castelo tituladas Anda en bici seguro. E pola tarde, de 17 a 20 horas, nova cita co circuíto de educación vial na praza do Concello.
Onte, mércores, instalouse un stand informativo na praza do Concello Eu si que o fago. Alí repartíronse recolledores para retirar os excrementos dos cans. Xa pola tarde comezou o circuíto de educación vial, aberto a todo o público que quixo acudir. E houbo tamén un ensaio de Arume.
Mañá, venres, as monitoras de Gaia impartirán unha charla sobre emisións de CO2 ao alumnado de 1º da ESO do IES Monte Castelo. Pola tarde ás 16:30 horas dará comezo un taller de cociña infantil na praza da abastos; de 17:30 a 19:30 horas Porta Norte ofrecerá un adestramento mini exhibición de ximnasia rítmica na praza da Mariña, e á mesma hora e no mesmo marco haberá un ensaio de Ledicia.
A Semana Europea da Mobilidade culminará o vindeiro domingo, 22 de setembro, coa celebración do día sen coches. Ata esa xornada segue aberto o prazo de presentación de fotografías ao concurso Os Beatles en Abbey Road… nun paso de cebra. As persoas interesadas en participar deben facer unha foto imitando a mítica imaxe e enviala a gaia@burela.org xunto cos nomes dos participantes, DNI e un número de teléfono de contacto. O prazo remata o 22 de setembro ás dez da noite. A foto premiada recibirá como agasallo unha cea valorada en 100 euros no Contraste.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



