Ribadeo, 12 de setembro de 2019. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e concelleira do PP delegada da área de Medio Ambiente, Elena Sierra, critica “a falta de planificación do Goberno local para o coidado de zonas verdes, a retirada de residuos e a limpeza de colectores e rúas”. Para a edil popular “é lamentable a imaxe de sucidade que levan da nosa vila os turistas que visitaron Ribadeo este verán”.
“¡Qué asco!” é unha das tantas expresións que escoitamos dos nosos veciños e visitantes en varias ocasións ao pasar preto dos colectores do lixo”, segundo explica Sierra. A este respecto, engade tamén “moitos outros comentarios de persoas que non poden abrir as ventás debido á abundancia de moscas arredor dos colectores” e “queixas dos ribadenses que non sabían onde depositar o aceite usado porque o colector estaba cheo”.
Igualmente, a popular considera que “xa non ten nome” o abandono das áreas recreativas. “Algunhas foron rozadas en agosto e outras aínda están agardando”, a pesar de que o concelleiro nacionalista de medio ambiente recibe unha dedicación exclusiva que nos costa aos ribadenses 2.400 euros mensuais “que parece que non sirve para moito e, polo tanto, supón un gasto para as arcas locais”.
Reclamamos unha planificación seria
Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular volvemos a pedirlle ao equipo de Goberno “unha planificación seria con respecto ao coidado de xardíns e áreas recreativas, retirada de residuos, lavado de colectores e baldeo de rúas”. Sobre este último asunto, os populares trasladan tamén ao Goberno local outra queixa dos veciños e veciñas “por realizar estes labores a media mañá”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



